Porto de Payares

Modelo:Xeografía físicaPorto de Payares
Imaxe
Tipoporto de montaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia de León, España e Asturias, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°59′34″N 5°45′34″O / 42.9927, -5.7595
CordilleiraCordal Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.378 m Editar o valor en Wikidata

O porto de Payares[1] (en asturiano: puertu de Payares) é un porto de montaña que foi tradicionalmente a principal vía de transporte entre Asturias e a Meseta Central, ata a construción da autoestrada AP-66. Cunha altitude de 1.378 metros, é coñecido polas nevadas que recibe no inverno, as súas néboas nas noites de verán, as súas pendentes que chegan ata o 17% oficialmente e pola próxima estación de esquí, Valgrande-Pajares.

Tanto a estrada N-630 como as vías de ferrocarril aproveitan o mesmo paso natural, seguindo os vales do río Payares na vertente asturiana e do río Bernesga na leonesa.

  1. "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2022. Consultado o 6 de agosto de 2021.