Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |||
Provincia | Castelló | |||
Capital | Morella | |||
Contén a división administrativa | Castellfort (pt) Cinctorres (pt) Forcall (pt) Herbés (pt) La Mata de Morella Morella Olocau del Rey (pt) Palanques (pt) Portell de Morella (pt) Todolella (pt) Vallibona (pt) Vilafranca (2023–) Villores (pt) Zorita del Maestrazgo (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 6.648 (2022) (6,66 hab./km²) | |||
Lingua oficial | Valenciano (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 998,54 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Els Ports é unha comarca situada na zona montañosa da provincia de Castelló, no País Valenciano, no límite con Aragón. A súa capital e concello máis poboado é Morella.
Atópase no interior da comunidade, no seu extremo noroccidental. Limita ao norte co Matarranya (provincia de Teruel), ao leste co Baix Maestrat, ao sur co Alt Maestrat e ao oeste co Maestrazgo (provincia de Teruel).
A lingua predominante na comarca é o valenciano, a excepción do concello de Olocau del Rey, de fala castelá histórica. É a comarca con maior porcentaxe de valencianofalantes do País Valenciano, xa que máis do 80% saben falalo.[1]