Portunoideos Portunoidea | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Portunus trituberculatus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
|
A dos portunoideos (Portunoidea) é unha superfamilia de crustáceos decápodos brauiúros que agrupa once familias, das cales catro só albergan formas fósiles.
As máis coñecidas son as dos xeriónidos (cangrexos de mar aberto), portúnidos (cangrexos nadadores) e tricodactílidos (cangrexos de auga doce).[1]
Foi creada en 1815 polo naturalista estadounidense Constantine Samuel Rafinesque (1783-1840).[2]
A casca, algo plana e lisa, é xeralmente máis ancha que longa, e de forma hexagonal, subhexagonal, rectangular ou transversalmente ovalada. É xeralmente máis ancha entre as espiñas dorsais detrás do bordo dianteiro; pode ter até 9 pares destas espiñas dorsais, con algunhas máis pequenas á dereita sobre o rostro, pero faltan nalgunhas especies.[1]
En varias especies, o primeiro pleópodo do endopodio é lobulado e forma o característico lóbulo portúnido. As quelas (pinzas) son robustas e, ás veces, o último par de pleópodos presenta unha pinza ovalada.[1]
As suturas do esterno entre os segmentos 4 e 8 son xeralmente incompletas e, na familia dos portúnidos, as oito partes do esterno son usualmente visíbeis se se observan desde abaixo, e presentan un suco penial.[1]
Nos machos, os somitos abdominais están todos libres ou do terceiro ao quinto están fundidos, pero conservando a miúdo as suturas. O primeiro gonopodio é moi curvado, en forma de gancho, e coa base inchada.[1]
Segundo o WoRMS, comprende as seguintes familias:[2]
Algún autores considera tamén a:
A elas hai que engadir as extintas:[3]
Carcineretidae, unha familia fósil do cretáceo, adoita ser clasificada nesta superfamilia. Se iso é correcto, outra familia extinta, a dos Torynommidae, tamén debería ser incluída en Portunoidea.[1]
A controversia sobre as familias que deben inluírse, ou non, nesta superfamilia deberá revisarse tras as oportunas análises filoxenéticos moleculares.[3]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portunoideos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Portunoideos |