Tipo | asentamento | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Tarifa, España | |||
| ||||
A praia de Bolonia está situada no termo municipal de Tarifa, na comarca do Campo de Xibraltar, Andalucía, fronte á cidade marroquí de Tánxer. Está limitada ao oeste pola punta Camarinal e ao leste por punta Paloma; no interior está bordeada pola serra de La Plata, a serra da Higuera e a lomba San Bartolomé.
Conta cunha lonxitude de 3800 metros e unha anchura media de 70 metros, e está considerada unha das últimas praias virxes do sur da Península Ibérica.[1] A escasa ocupación humana da área circundante propiciou a súa conservación, a diferenza doutras próximas.
No sector oeste da praia atópase a duna de Bolonia, monumento natural declarado en 2001 e de grande importancia ecolóxica. Xunto á praia atópanse as ruínas da antiga cidade romana de Baelo Claudia, en excelente estado de conservación.