Premio Allen Prize | |
---|---|
Outorgada pola Academia Británica | |
Tipo | Recoñecemento. |
Graos | Único. |
Elixibilidade | Numismáticos, musicólogos e historiadores. |
Outorgada por | Investigacións e publicacións sobre numismática, Musicoloxía e estudos celtas. |
Descrición | Dotación económica de 400 libras (en 2019). |
Estadísticas | |
Establecida | 1976 |
Primeira outorgada | - 1977: Musicoloxía (Oliver Strunk). - 1978: Numismática (Karel Castelin). - 1979: Estudos celtas (Kenneth Jackson). |
Última outorgada | Concesión anual vixente (alternando as disciplinas). |
Premiados | Ver listaxe no artigo. |
O Premio Derek Allen é un dos recoñecementos outorgados pola Academia Británica (British Academy). Malia outorgarse anualmente, o premio, dotado de 400 libras (en 2019), alterna cada ano entre tres disciplinas (musicoloxía, estudos celtas e musicoloxía), polo que se converte en trianual desde a perspectiva de cada unha delas.[1]
O premio instituíuse en 1976 na honra do numismático e arqueólogo británico Derek Allen, quen fora secretario da Academia Británica entre 1969 e 1973, e tesoureiro entre 1973 e 1975.[1]
Allen foi un destacado numismático, moi vinculado tamén á Sociedade Numismática Británica, que presidiu entre 1959 e 1963, e á Real Sociedade Numismática, de Londres, que tamén presidiu, entre 1966 e 1970 e de cuxa medalla foi receptor en 1966.[2]
Os impulsores do Premio Derek Allen foron a súa viúva e os seus fillos, para recoñecer as invesitigacións destacadas nos asuntos que resultaran máis interesantes na traxectoria académica de Allen: a numismática, os estudos celtas e a musicoloxía.[1]
Esta é unha lista dos investigadores que foron recoñecidos co Premio Derek Allen, en cada unha das tres disciplinas:[1][3]