A Presidencia da República de Ecuador é o cargo ocupado polo Xefe de Estado e Goberno do país andino. Ocupa a xefatura da Función Executiva, sendo asistido por unha vicepresidencia e un equipo de persoas colaboradoras agrupadas no Gabinete Ministerial. O seu lema é "Mi Poder en la Constitución", frase que aparece dende 1830 na Banda Presidencial. A persoa que ocupa o cargo é ao tempo Comandante en Xefe das Forzas Armadas.
Entre 1830 e 1869, o cargo de Presidente da República foi elixido de maneira indirecta, ou sexa, a través do Lexislativo. Dende 1869, o Presidente é votado pola poboación. Porén, debe terse en conta que durante o século XIX, Ecuador vivía unha democracia censitaria, de tal xeito que só votaban o homes que posuían unha renda abondo e un traballo decente.
Entre 1906 e 1945, as eleccións eran polo xeral fraudulentas, por iso estímase que o ano 1946 é o comezo da verdadeira democracia en Ecuador.
Dende 1979, os cargos de Presidencia e Vicepresidencia son elixidos en sufraxio directo nunha mesma papeleta. Gaña a candidatura que obtén mais da metade dos votos válidos, e en caso contrario, faise unha segunda volta só coas dúas candidaturas máis votadas. Dende 1998 tamén pode gañar unha candidatura que obteña mais do 40 % de votos, sempre que teña unha diferenza superior ó 10 % sobre a segunda. Tódalas porcentaxes calcúlanse sobre o total de votos válidos (é dicir, sen contar os votos nulos ou en branco).
A Presidencia é exercida por un período de 4 anos. Entre 1906 e 1967 os mandatos comezaban o 1 de setembro. Entre 1979 e 1998 o mandato presidencial comezaba os días 10 de agosto. Dende 1998 asúmese o cargo o día 15 de xaneiro. En 2009, de xeito excepcional, fíxose o 10 de agosto.
# | Foto | Nome | Inicio de mandato | Fin de mandato | Título |
---|---|---|---|---|---|
1 | Juan José Flores | 13 de maio de 1830 (como xefe supremo) |
10 de setembro de 1834 | Xefe supremo (3 de maio de 1830 - 14 de agosto de 1830) Presidente Provisional (14 de agosto de 1830 - 22 de setembro de 1830) Presidente (22 de setembro de 1830 - 10 de setembro de 1834) | |
2 | Vicente Rocafuerte | 10 de setembro de 1834 | 31 de xaneiro de 1839 | Xefe Supremo de Guayas (10 de setembro de 1834 - 22 de xuño de 1835) Xefe Supremo do Estado (22 de xuño de 1835 - 8 de agosto de 1835) Presidente (8 de agosto de 1835 - 31 de xaneiro de 1839) | |
3 | Juan José Flores | 1 de febreiro de 1839 | 15 de xaneiro de 1843 | Presidente | |
4 | Juan José Flores | 1 de abril de 1843 | 6 de marzo de 1845 | Presidente | |
- | José Joaquín de Olmedo | 7 de marzo de 1845 | 8 de decembro de 1845 | Xefe do Goberno Provisional | |
5 | Vicente Ramón Roca | 8 de decembro de 1845 | 15 de outubro de 1849 | Presidente | |
6 | Manuel de Ascásubi | 15 de outubro de 1849 | 7 de decembro de 1850 | Presidente | |
7 | Diego Noboa | 8 de decembro de 1850 | 12 de setembro de 1851 | Presidente Interino (8 de decembro de 1850 - 25 de febreiro de 1851) Presidente (26 de febreiro de 1851 - 13 de setembro de 1851) | |
8 | José María Urbina y Viteri | 24 de xullo de 1851 | 15 de outubro de 1856 | Xefe Supremo (24 de xullo de 1851 - 17 de xullo de 1852) Presidente Interino (17 de xullo de 1852 - 6 de setembro de 1852) Presidente (6 de setembro de 1852 - 15 de outubro de 1856) | |
9 | Francisco Robles | 16 de outubro de 1856 | 31 de agosto de 1859 | Presidente | |
- | |||||
Goberno provisional de Quito | 4 de setembro de 1859 | 10 de xaneiro de 1861 | Membros: Gabriel García Moreno Jerónimo Carrión Plácido Chiriboga Rafael Carvajal | ||
Goberno de Cuenca | 6 de maio de 1859 | 13 de novembro de 1859 | Líderes: Jerónimo Carrión (6 de maio de 1859 - 7 de maio de 1859) Francisco Robles e Guillermo Franco (8 de maio de 1859 - 27 de setembro de 1859) Ramón Borrero (27 de setembro de 1859 - 13 de novembro de 1859; con Quito) | ||
Dirección Suprema de Guayas | 21 de agosto de 1859 | 24 de setembro de 1860 | Líder: Guillermo Franco | ||
Cañar e Azuay (con Guayas) | 13 de novembro de 1859 | 3 de marzo de 1860 | Líder: Mariano Moreno | ||
Goberno Federal de loja | 18 de setembro de 1859 | 23 de marzo de 1860 | Líder: Manuel Carrión Pinzano | ||
10 | Gabriel García Moreno | 17 de xaneiro de 1861 | 30 de agosto de 1865 | Presidente Interino (17 de xaneiro de 1861 - 2 de abril de 1861) Presidente (2 de abril de 1861 - 30 de agosto de 1865) | |
11 | Jerónimo Carrión | 7 de setembro de 1865 | 8 de novembro de 1867 | Presidente | |
- | Pedro José de Arteta | 7 de novembro de 1867 | 20 de xaneiro de 1868 | Presidente | |
12 | Javier Espinosa | 20 de xaneiro de 1868 | 19 de xaneiro de 1869 | Presidente | |
- | Gabriel García Moreno | 19 de xaneiro de 1869 | 19 de maio de 1869 | Presidente Interino | |
- | Manuel de Ascásubi | 19 de maio de 1869 | 10 de agosto de 1869 | Presidente Interino | |
13 | Gabriel García Moreno | 10 de agosto de 1869 | 6 de agosto de 1875 | Presidente | |
- | Francisco Xavier León | 6 de agosto de 1875 | 15 de setembro de 1875 | Presidente Interino | |
- | José Javier Eguiguren | 15 de setembro de 1875 | 9 de decembro de 1875 | Presidente Interino | |
14 | Antonio Borrero | 9 de decembro de 1875 | 8 de setembro de 1876 | Presidente | |
15 | Ignacio de Veintemilla | 8 de setembro de 1876 | 10 de xaneiro de 1883 | Xefe Supremo(8 de setembro de 1876 - 26 de xaneiro de 1878 Presidente (21 de abril de 1878 - 26 de marzo de 1882) Xefe Supremo (29 de marzo de 1882 - 10 de xaneiro de 1883) | |
- | |||||
"Pentevirato Quiteño" | 14 de xaneiro de 1883 | 15 de outubro de 1883 | Membros: José María Plácido Caamaño Luis Cordero Agustín Guerrero Pablo Herrera Rafael Pérez Pareja | ||
Supremo Líder de Manabí e Esmeraldas | 5 de xuño de 1883 | 15 de outubro de 1883 | Líder : Eloy Alfaro | ||
Suprema Xefatura do Guayas | 10 de xullo de 1883 | 15 de outubro de 1883 | Líder: Pedro Carbo | ||
16 | José Plácido Caamaño | 15 de outubro de 1883 | 30 de xuño de 1888 | Presidente Interino (15 de outubro de 1883 - 10 de febreiro de 1884 Presidente (10 de febreiro de 1884 - 30 de xuño de 1888) | |
17 | Antonio Flores Jijón | 17 de agosto de 1888 | 10 de xuño de 1892 | Presidente | |
18 | Luis Cordero Crespo | 1 de xullo de 1892 | 16 de abril de 1895 | Presidente | |
- | Vicente Lucio Salazar | 16 de abril de 1895 | 5 de xuño de 1895 | Presidente | |
19 | Eloy Alfaro | 5 de xuño de 1895 | 31 de agosto de 1901 | Xefe Supremo (5 de xuño de 1895 - 9 de outubro de 1896) Presidente Interino (9 de outubro de 1896 - 17 de xaneiro de 1897) Presidente (17 de xaneiro de 1897 - 31 de agosto de 1901) | |
20 | Leónidas Plaza | 1 de setembro de 1901 | 31 de agosto de 1905 | Presidente | |
21 | Lizardo García | 1 de setembro de 1905 | 15 de xaneiro de 1906 | Presidente | |
22 | Eloy Alfaro | 16 de xaneiro de 1906 | 11 de agosto de 1911 | Xefe Supremo (16 de xaneiro de 1906 - 9 de outubro de 1906) Presidente Interino (9 de outubro de 1906 - 1 de xaneiro de 1907) Presidente (1 de xaneiro de 1907 - 11 de agosto de 1911) | |
- | Carlos Freile Zaldumbide | 11 de agosto de 1911 | 31 de agosto de 1911 | Presidente | |
23 | Emilio Estrada | 1 de setembro de 1911 | 21 de decembro de 1911 | Presidente | |
- | Carlos Freile Zaldumbide | 22 de decembro de 1911 | 5 de marzo de 1912 | Presidente | |
- | Francisco Andrade Marín | 6 de marzo de 1912 | 1 de agosto de 1912 | Presidente | |
24 | Leónidas Plaza | 1 de setembro de 1912 | 31 de agosto de 1916 | Presidente | |
25 | Alfredo Baquerizo | 1 de setembro de 1916 | 31 de agosto de 1920 | Presidente | |
26 | José Luis Tamayo | 1 de setembro de 1920 | 31 de agosto de 1924 | Presidente | |
27 | Gonzalo Córdova | 1 de setembro de 1924 | 9 de xullo de 1925 | Presidente | |
- | Primeiro Goberno Provisional | 10 de xullo de 1925 | 6 de xaneiro de 1926 | ||
- | Segundo Goberno Provisional | 10 de xaneiro de 1926 | 31 de marzo de 1926 | ||
28 | Isidro Ayora | 3 de abril de 1926 | 24 de agosto de 1931 | Presidente Interino (6 de abril de 1926 - 17 de abril de 1929) Presidente (17 de abril de 1929 - 24 de agosto de 1931) | |
- | Luis Larrea Alba | 24 de agosto de 1931 | 15 de outubro de 1931 | Ministro de Goberno | |
- | Alfredo Baquerizo Moreno | 15 de outubro de 1931 | 28 de agosto de 1932 | Presidente do Senado | |
- | Carlos Freile Larrea | 28 de agosto de 1932 | 1 de setembro de 1931 | Ministro de Goberno | |
- | Alberto Guerrero Martínez | 2 de setembro de 1931 | 4 de decembro de 1932 | Presidente do Senado | |
29 | Juan de Dios Martínez | 5 de decembro de 1932 | 19 de outubro de 1933 | Presidente | |
- | Abelardo Montalvo | 20 de outubro de 1933 | 31 de agosto de 1934 | Presidente | |
30 | José María Velasco Ibarra | 1 de setembro de 1934 | 21 de agosto de 1935 | Presidente | |
- | Antonio Pons | 21 de agosto de 1935 | 25 de setembro de 1935 | Presidente | |
- | Federico Páez | 26 de setembro de 1935 | 23 de outubro de 1937 | Xefe Supremo | |
- | Alberto Enríquez Gallo | 23 de outubro de 1937 | 10 de agosto de 1938 | Xefe Supremo | |
- | Manuel María Borrero | 10 de agosto de 1938 | 1 de decembro de 1938 | Presidente Interino | |
31 | Aurelio Mosquera Narváez | 2 de decembro de 1938 | 17 de novembro de 1939 | Presidente | |
- | Carlos Alberto Arroyo del Río | 18 de novembro de 1939 | 10 de decembro de 1939 | Presidente | |
- | Andrés Córdova | 11 de decembro de 1939 | 10 de agosto de 1940 | Presidente | |
- | Julio Enrique Moreno | 10 de agosto de 1940 | 31 de agosto de 1940 | Presidente | |
32 | Carlos Alberto Arroyo del Río | 1 de setembro de 1940 | 28 de maio de 1944 | Presidente | |
33 | José María Velasco Ibarra | 1 de xuño de 1944 | 23 de agosto de 1947 | Presidente da República (1 de xuño de 1944 - 10 de agosto de 1944) Presidente Constitucional (10 de agosto de 1944 - 30 de marzo de 1946) Presidente da República (30 de marzo de 1946 - 10 de agosto de 1946) Presidente Constitucional (10 de agosto de 1946 - 23 de agosto de 1947) | |
34 | C.J. Arosemena Tola | 17 de setembro de 1947 | 31 de agosto de 1948 | Presidente | |
35 | Galo Plaza Lasso | 1 de setembro de 1948 | 31 de agosto de 1952 | Presidente | |
36 | José María Velasco Ibarra | 1 de setembro de 1952 | 31 de agosto de 1956 | Presidente | |
37 | Camilo Ponce Enríquez | 1 de setembro de 1956 | 31 de agosto de 1960 | Presidente | |
38 | José María Velasco Ibarra | 1 de setembro de 1960 | 7 de novembro de 1961 | Presidente | |
39 | Carlos Julio Arosemena Monroy | 7 de novembro de 1961 | 11 de xullo de 1963 | Presidente | |
- | Xunta Militar | 11 de xullo de 1963 | 29 de marzo de 1966 | Membros: Ramón Castro Jijón Luis Cabrera Sevilla Guillermo Freile Posso (até o 9 de novembro de 1965) Marcos Gándara | |
40 | Clemente Yerovi | 19 de marzo de 1966 | 16 de novembro de 1966 | Presidente | |
41 | Otto Arosemena | 16 de novembro de 1966 | 31 de agosto de 1968 | Presidente Interino (16 de novembro de 1966 - 25 de maio de 1967) Presidente Constitucional (25 de maio de 1967 - 31 de agosto de 1968) | |
42 | José María Velasco Ibarra | 1 de setembro de 1968 | 15 de febreiro de 1972 | Presidente | |
43 | Guillermo Rodríguez Lara | 15 de febreiro de 1972 | 11 de xaneiro de 1976 | Presidente | |
- | Consello Supremo de Goberno | 11 de xaneiro de 1976 | 10 de agosto de 1979 | Vice Almirante Alfredo Poveda (Presidente do Consello) Xeneral Guillermo Durán Xeneral Luis Leoro Franco | |
44 | Jaime Roldós Aguilera | 10 de agosto de 1979 | 24 de maio de 1981 | Presidente | |
45 | Osvaldo Hurtado | 24 de maio de 1981 | 10 de agosto de 1984 | Presidente | |
46 | León Febres Cordero | 10 de agosto de 1984 | 10 de agosto de 1988 | Presidente | |
47 | Rodrigo Borja Cevallos | 10 de agosto de 1988 | 10 de agosto de 1992 | Presidente | |
48 | Sixto Durán Ballén | 10 de agosto de 1992 | 10 de agosto de 1996 | Presidente | |
49 | Abdalá Bucaram | 10 de agosto de 1996 | 6 de febreiro de 1997 | Presidente | |
50 | Rosalía Arteaga | 7 de febreiro de 1997 | 11 de febreiro de 1997 | Presidenta | |
51 | Fabián Alarcón | 11 de febreiro de 1997 | 10 de agosto de 1998 | Presidente Interino | |
52 | Jamil Mahuad | 10 de agosto de 1998 | 21 de xaneiro de 2000 | Presidente | |
53 | Gustavo Noboa | 22 de xaneiro de 2000 | 15 de xaneiro de 2003 | Presidente | |
54 | Lucio Gutiérrez | 15 de xaneiro de 2003 | 20 de abril de 2005 | Presidente | |
55 | Alfredo Palacio | 20 de abril de 2005 | 14 de xaneiro de 2007 | Presidente | |
56 | Rafael Correa | 15 de xaneiro de 2007 | 24 de maio de 2017 | Presidente | |
57 | Lenín Moreno | 24 de maio de 2017 | 24 de maio de 2021 | Presidente | |
58 | Guillermo Lasso | 24 de maio de 2021 | 23 de novembro de 2023 | Presidente | |
58 | Daniel Noboa | 23 de novembro de 2023 | No cargo | Presidente |