Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Capital | Priaranza | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 731 (2023) (21,7 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 33,69 km² | |||
Altitude | 512 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | José Reguera Álvarez | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24448 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 24119 | |||
Priaranza (oficialmente e en castelán, Priaranza del Bierzo) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 33,69 km², na que vivían 828 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 24,58 hab./km².
O concello de Priaranza do Bierzo está integrado polas parroquias de Cornatelo, Ferradillo, Paradela de Muces, Priaranza, Rioferreiros, Santalla do Bierzo, A Vilavella e Villalibre de la Jurisdicción.
O concello de Priaranza atópase nos lindeiros lingüísticos tradicionais entre o galego e o leonés.[1] No concello, fálanse tres linguas: castelán, galego e leonés. As poboacións de Priaranza que pertencen ao ámbito lingüístico galego-berciano son: Paradela de Muces, Rioferreiros, Santalla do Bierzo e A Vilavella.
O castelo de Cornatelo é unha fortificación de orixe medieval. Nel o escritor romántico Enrique Gil y Carrasco sitou a novela El Señor de Bembibre.
O 2 de febreiro celébrase a festa das Candelas, e o 6 de agosto o San Salvador, cun desfile de carrozas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Priaranza |