![]() Litografía de Prideaux John Selby | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1788 Alnwick, Northumberland, Inglaterra |
Morte | 27 de marzo de 1867 Bamburgh, Northumberland |
High Sheriff of Northumberland (en) ![]() | |
1823 – 1824 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | británica |
Educación | University College, da Universidade de Cambridge |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía ![]() |
Ocupación | ornitólogo, botánico, ilustrador zoolóxico |
Obra | |
Doutorando | Adam Barnett Smith (pt) ![]() ![]() |
Abreviación dun autor en botánica | P.Selby ![]() |
Abreviatura do autor en zooloxía | Selby ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Lewis Tabitha Mitford ![]() |
Fillos | Frances Margaret Selby, Lewis Marianne Selby, Jane Selby ![]() |
Pais | George Selby ![]() ![]() |
Premios | |
Fellow of the Royal Society of Edinburgh | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 ![]() |
Lista
|
Prideaux John Selby, nado o 23 de xullo de 1788 en Alnwick, Northumberland, Inglaterra, e finado o 27 de marzo de 1867 en Bamburgh, Northumberland, foi un ornitólogo, botánico e ilustrador inglés.
Selby estudou na Durham School,[1] e despois no University College da Universidade de Oxford. É coñecido polo seu Illustrations of British Ornithology (1821–1834), o primeiro conxunto de ilustracións sobre a vida das aves británicas.
Tamén escribiu Illustrations of Ornithology, co seu amigo William Jardine, e A History of British Forest-trees (1842).
Moitas das ilustracións das súas obras foron extraídas das mostras da súa colección.
Ademais das obras anteriores, colaborou na obra de Jardine Naturalist's Library, nos volumes dedicados ás pombas (1835),[2] e os papagaios (1836),[3] esta última ilustrada por Edward Lear.
Foi, durante algún tempo, un dos editores de Magazine of Zoology and Botany.
En 1827 foi nomeado Fellow da Real Sociedade de Edinburgo.[1]
As súas coleccións vendéronse en 1885 e dispersáronse.
Pero as aves surafricanas recolectadas por Andrew Smith están depositadas no Museo Zoolóxico da Universidade de Cambridge.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prideaux John Selby ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Prideaux John Selby |