Princesa Caraboo

Modelo:BiografíaPrincesa Caraboo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1791 Editar o valor en Wikidata
Devon, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 1864 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Bristol, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBristol Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata

Mary Baker (de solteira, Willcocks), nada en Witheridge supostamente o 11 de novembro de 1792[1] e finada en Bristol o 24 de decembro de 1864, foi unha coñecida impostora. Facéndose pasar pola ficticia princesa Caraboo, Baker finxiu que viña dun reino insular afastado. Baker enganou unha cidade británica durante algúns meses.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Princesa Caraboo, de Edward Bird (1817) [3]

O 3 de abril de 1817, un zapateiro de Almondsbury en Gloucestershire (Inglaterra), coñeceu unha moza aparentemente desorientada con roupa exótica que falaba un idioma incomprensible. A muller do zapateiro levou esta descoñecida ao Overseer of the Poor, que a puxo en mans do maxistrado local do condado, Samuel Worrall, que vivía en Knole Park no terreo onde se atopa Tower House. Worrall e a súa esposa de orixe estadounidense Elizabeth tampouco a podían entender; o que si determinaron foi que se chamaba Caraboo e que lle interesaban as imaxes chinesas. Enviárona á pousada local, onde identificou un debuxo dun ananás coa palabra "nanas", que ten ese significado nalgunhas linguas indonesias, e insistiu en durmir no chan. Samuel Worrall declarou que era unha mendiga e debería ser levada a Bristol e xulgada por vagancia.[2]

Durante o seu encarceramento, un mariñeiro portugués chamado Manuel Eynesso (ou Enes) dixo que falaba a súa lingua e traduciu a súa historia. Segundo Enes, era a princesa Caraboo da illa de Javasu no océano Índico. Fora capturada por piratas e despois dunha longa viaxe saltara na canle de Bristol e nadara a terra.[2]

Os Worralls levaron a Caraboo á súa casa. Durante dez semanas, este representante da realeza exótica foi a favorita dos dignatarios locais.[4] Manexaba o arco e a frecha e a espada, nadaba espida e rezaba a un deus, que chamou Allah-Talla (variante ortográfica de الله تعالى Allāh taʿālā, "Alá o Exaltado", un dos nomes formais de Deus no islam). Adquiriu roupa exótica e o seu retrato foi pintado e reproducido nos xornais locais. A súa autenticidade foi testemuñada por un doutor Wilkinson, que identificou a súa lingua usando a Pantographia de Edmund Fry e afirmou que as marcas na parte posterior da súa cabeza eran obra de cirurxiáns orientais.[5] Os xornais publicaron historias sobre as aventuras da princesa Caraboo provocando o seu recoñecemento nacional.

Escritura Javasu realizada por Baker

Finalmente xurdiu a verdade. Unha garda de pensións, a señora Neale, recoñeceuna pola foto do xornal Bristol e informou os seus anfitrións. Esta suposta princesa era en verdade Mary Willcocks, filla dun zapateiro de Witheridge, Devon.[6] Traballara de criada por toda Inglaterra mais non atopara onde hospedarse. Inventou a súa linguaxe ficticia a partir de palabras imaxinarias e romanís e creou unha personaxe e unha historia exóticas. As estrañas marcas na súa cabeza eran cicatrices dunha brutal operación con ventosas nun hospital para pobres de Londres.[2] A prensa británica fixo gran parte do engano a costa da rústica clase media enganada.[2] A señora Worrall apiadouse dela e dispuxo unha viaxe a Filadelfia, para onde partiu o 28 de xuño de 1817.

O 13 de setembro de 1817 imprimiuse unha carta no Bristol Journal, supostamente de Sir Hudson Lowe, o oficial a cargo do emperador Napoleón exiliado en Santa Helena. Afirmou que despois de que o barco dirixido a Filadelfia que levaba a Caraboo fora levado preto da illa por unha tempestade, a intrépida princesa lanzouse impulsivamente á deriva nun pequeno barco, remou a terra e fascinou o emperador que estivo por solicitar ao papa unha dispensa para casar con ela. A historia non foi verificada.[7]

Nos Estados Unidos, continuou brevemente co seu papel, aparecendo no escenario no Washington Hall de Filadelfia, como "Princesa Caraboo", con pouco éxito.[2] O seu último contacto cos Worralls foi nunha carta dende Nova York en novembro de 1817, en que se queixaba da súa notoriedade.[2] Parece que regresou a Filadelfia ata que deixou América en 1824, regresando a Inglaterra.[2]

En 1824 regresou a Gran Bretaña e exhibiuse por un pouco tempo en New Bond Street, Londres, como a princesa Caraboo, mais non tivo éxito.[2] É posible que viaxase brevemente a Francia e España co seu disfrace, mais logo volveu a Inglaterra.

En setembro de 1828 vivía viúva en Bedminster co nome de Mary Burgess (en realidade o nome dunha curmá).[2] Alí casou con Richard Baker e deu a luz unha filla chamada Mary Ann o ano seguinte arredor de 1829.[8] En 1839, vendía sambesugas ao hospital de Bristol. Morreu dunha caída o 24 de decembro de 1864 e foi enterrada no cemiterio de Hebron Road en Bristol.[2] A súa filla continuou cos seus negocios, vivindo soa en Bedminster nunha casa chea de gatos ata a súa morte nun incendio en febreiro de 1900.[9][10]

[editar | editar a fonte]
  1. X, Mr. "Caraboo: A Hypertext Edition of John Matthew Gutch's Narrative". www.resologist.net. Consultado o 2018-04-09. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 ""Baker [née Willcocks], Mary [alias Princess Caraboo]"" (en inglés). Oxford Dictionary of National Biography (online ed.). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/41062. 
  3. Baring-Gould, Sabine (1908). "Caraboo". Devonshire Characters and Strange Events. Londres: John Lane. pp. 35–47. 
  4. Brian Haughton. Local Legends: Bristol’s Princess Caraboo, BBC Archived
  5. "The Times". 6 de xuño de 1817: 4. 
  6. Anonymous (1817). Carraboo, Carraboo. The singular adventures of Mary Baker, alias princess of Javasu. Londres. 
  7. Sitwell, Edith (1958). English Eccentrics. Penguin. ISBN 0140032738. 
  8. "The History Press | The mysterious Princess Caraboo". www.thehistorypress.co.uk (en inglés). Consultado o 2018-04-09. 
  9. "Mary Baker - The Princess Caraboo - Geri Walton". Geri Walton (en inglés). 2014-11-05. Consultado o 2018-04-09. 
  10. "Princess Caraboo from the Island of Javasu". Jane Austen Centre and the Jane Austen Online Gift Shop (en inglés). Consultado o 2022-11-25. 
  11. Johnson, Catherine (2015). The Curious Tale of the Lady Caraboo. Londres: Corgi Books. ISBN 9781448197583. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]