Proba-3 | |
---|---|
Tipo | misión espacial e entidade proposta |
Na rede | |
https://www.esa.int/Enabling_Support/Space_Engineering_Technology/Proba_Missions/About_Proba-3 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Misión PROBA-3 da ESA é unha misión espacial que pretende probar a operación de satélites en formación, na procura de medios para operar no espazo misións que requiren de grandes dimensións, que non poden ser soportadas por unha única nave.[1] Prepara así misións multisatélites operando como unha única estrutura virtual.
Está formada por dous satélites, Coronagraph e Occulter, que manterán a formación cunha precisión duns poucos milímetros e segundos de arco a distancias de 144 m ou máis por máis de seis horas cada vez no apoxeo, o que farán de xeito autónomo, sen guía dende Terra.
O seu lanzamento está previsto para 2024. A súa órbita será moi elíptica, de 600 km x 60 530 km cunha inclinación duns 59 º .
Fará observacións científicas usando un coronógrafo solar xigante que bloqueará a luz cegadora do disco solar para ter vista continua da coroa solar.