Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
En ciencias, unha proba é un feito conxecturado por algunha teoría cuxa presenza ou ausencia só é compatíbel con determinada(s) teoría(s) científica(s). Así as probas permiten discriminar que teorías científicas poden dar conta adecuadamente de certo conxunto de feitos e cales non.
Ademais, unha proba tamén ten connotacións de experimento no seu significado científico, xa que, neste campo, habitualmente cámbianse os parámetros das probas ou ensaios que se están experimentando para poder verificar os resultados e determinar diferentes resultados.