Prochlorococcus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Prochlorococcus é un xénero de cianobacterias oceánicas moi miúdas (0.6 µm) e cunha pigmentación por clorofila b, que é pouco habitual. Estas bacterias pertencen ao picoplancto fotosintético e son probablemente os organismos fotosintetizadores máis abundantes da Terra. Os microorganismos do xénero Prochlorococcus' están entre os principais produtores primarios do océano e responsables do 50% do osíxeno atmosférico[1]. A análise de 12 secuencias xenómicas desta especies mostran que hai 1100 xenes en común en tódalas liñas e que o tamaño medio do xenoma é de 2000 xenes[1]. Contrapóñase isto ao feito de que en algas eucariotas hai arredor de 10000 xenes[2].
Malia que se tiñan dado varias análises anteriores onde se informaba de cianobacterias de pequeno tamaño con clorofila-b nos océanos[3][4], Prochlorococcus identifícaa no ano 1986[5] Sallie W. (Penny) Chisholm do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Robert J. Olson do Woods Hole Oceanographic Institution e outros colaboradores do mar dos Argazos empregando a citometría de fluxo. O primeiro cultivo do Prochlorococcus fíxose primeiro no mar dos Argazos no 1988 e despois no mar Mediterráneo. O nome de Prochlorococcus foi asignado por se pensar de primeiras que había unha relación co Prochloron e outras bacterias que conteñen ca clorofila-b, as que se designan como proclorófitos. Arestora sábese que os coñecidos como proclorófitos son parte, dentro do subgrupo das cianobacterias, de tres grupos de filoxenéticos separados.
A única especies descrita ata o de agora do xénero é Prochlorococcus marinus.