Progressive Field | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | baseball venue (en) ![]() ![]() | |||
Epónimo | Progressive Corporation ![]() | |||
Custo | $175 millóns (1994) | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Ohio | |||
Condado | Condado de Cuyahoga (pt) ![]() | |||
Cidade | Cleveland ![]() | |||
Localización | Cleveland, Estados Unidos | |||
Datas | ||||
Inauguración | 2 de abril de 1994 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 34.788 espectadores | |||
Superficie | Kentucky Bluegrass (herba natural) | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Condado de Cuyahoga | |||
Arquitecto/a | HOK Sport Whitley & Whitley Architects Triad Design | |||
Enxeñeiro/a | Osborn Engineering Polytech Engineering | |||
Operador/a | Gateway Sports and Entertainment Complex (en) ![]() ![]() | |||
Ocupante | Cleveland Guardians ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | béisbol ![]() | |||
Localía | Cleveland Indians (1992–presente) | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | cleveland.indians.mlb.com… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Progressive Field é un parque de béisbol das Ligas Maiores (MLB) situado no centro da cidade de Cleveland, Ohio (Estados Unidos). Lar dos Cleveland Indians, é xunto co Quicken Loans Arena parte do Complexo Deportivo e de Entretemento Gateway.[1] No ano 2008 foi considerado por unha enquisa entre seareiros realizada por Sports Illustrated como o mellor estadio da MLB.[2]
O estadio foi inaugurado co nome de Jacobs Field en 1994 para substituír o Cleveland Stadium, recinto que compartían cos Cleveland Browns da National Football League (NFL). No 2008, a Progressive Corporation, compañía de seguros con sede no suburbio de Mayfield, adquiriu os dereitos de nome do estadio durante 16 anos por 58 millóns de dólares. O anterior nome proviña dos propietarios da franquía, Richard e David Jacobs, que adquiriran os dereitos após a inauguración do recinto. Actualmente, o estadio é coñecido ás veces de forma informal como "The Jake" en referencia o primeiro nome.[3]
No momento de inauguración do estadio, tiña capacidade para albergar 42.865 espectadores. Entre 1995 e 2001 conseguiron encher o estadio durante 455 xogos consecutivos. Debido a diferentes reformas ao longo dos anos, a capacidade do estadio foise modificando, chegando aos 45.569 espectadores en 2010. Após as reformas das feitas nos anos 2014 e 2015, onde se reconfiguraron múltiples áreas do estadio, a capacidade viuse reducida até os 34.788 espectadores. Con todo, a capacidade é ampliábel por medio de localidades supletorias.