As proteínas de transporte de membrana mitocondriais son proteínas que se encontran nas membranas das mitocondrias e que serven para transportar[1] moléculas e outros factores como ións dento ou fóra do orgánulo. Algunhas das proteínas transportadoras transportan pequenos ións, como o Na+ ou o Ca2+, outras transportan pequenas moléculas como os ácidos orgánicos do ciclo de Krebs ou os nucleótidos ADP e ATP, e tamén hai transportadores que translocan moléculas máis grandes, como ácidos graxos ou proteínas.
Exemplos de proteínas de transporte mitocondrial de ións son as seguintes:
Os transportadores mitocondriais ou carriers que transportan pequenas moléculas máis numerosos son os transportadores de ADP/ATP e fosfato. Outros transportan citrato, oxoglutarato, glutamato e outras moléculas dese tamaño.
A maioría das proteínas mitocondriais proceden do citosol. As proteínas do citosol que entran nas mitocondrias fano utilizando o sistema de transporte do complexo TIM/TOM[4] . Os complexos transportadores TIM22, TIM23 da membrana mitocondrial interna e o TOM da membrana mitocondrial externa teñen receptores para a proteína, un poro para translocalas e poden pasar as proteínas á matriz ou inserilas na membrana mitocondrial. De feito, os outros transportadores mitocondriais chegan ás mitocondrias utilizando os complexos TIM e TOM.