Prudencia Ayala

Modelo:BiografíaPrudencia Ayala

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1885 Editar o valor en Wikidata
Sonzacate, O Salvador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xullo de 1936 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
San Salvador, O Salvador Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, suffragette, xornalista, política Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoProsa Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Prudencia Ayala, nada en Sonzacate o 28 de abril de 1885 e finada en San Salvador o 11 de xullo de 1936, foi unha escritora e activista social salvadoreña, que loitou polo recoñecemento dos dereitos da muller no Salvador, foi un referente da historia hispanoamericana por converterse na primeira muller aspirante á presidencia no seu país. A súa postura e determinación permitíronlle dar inicio ao recoñecemento da muller nunha sociedade na que só o home gozaba de privilexios en canto a honras, roles e funcións claves dentro do ámbito político e económico, promovendo a capacidade da muller e a súa importancia dentro da sociedade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Proviña dunha familia de orixe indíxena, os seus pais foron Aurelia Ayala e Vicente Chief. Cando contaba con dez anos de idade, trasladouse á cidade de Santa Ana, onde comezou os seus estudos primarios no colexio da profesora María Luisa de Cristofine,[1] estudos que non puido concluír nunca debido á falta de recursos económicos na súa familia,[2] limitación que superou desenvolvendo unha formación autodidacta.

Aprendeu o oficio de costureira e exerceuno paralelo ás súas futuras actividades. Aseguraba que tiña a capacidade de predicir o futuro mediante revelacións de «voces misteriosas»,[2][3] isto dáballe relevancia entre os seus achegados, permitíndolle gañar fama e recoñecemento a pesar dunha improbábel verdade das súas predicións. Dita afirmación provocou, ademais, críticas e burlas por parte dalgúns grupos sociais.[1]

As súas predicións foron publicadas nos xornais de Santa Ana, onde a comezan a chamar «a Sibila santaneca». En 1914 prognosticou a caída do káiser de Alemaña e a entrada dos Estados Unidos na guerra.[1] De aí en diante, o seu nome tomaría realce polas súas formulacións feministas e o esotérico da súa figura.

Participación social

[editar | editar a fonte]

A partir de 1913 comezou a publicar artigos de opinión no Diario de Occidente, xornal que circulaba na rexión occidental do Salvador, onde se manifestou partidaria do antiimperialismo, o feminismo e o unionismo centroamericano, ademais de expresar o seu rexeitamento á invasión norteamericana de Nicaragua. Tamén publicou poemas en varios xornais do país.

En 1919 foi encarcerada por criticar nunha das súas columnas, ao alcalde de Atiquizaya e logo, en Guatemala, foi encarcerada varios meses por acusacións de colaborar coa planificación dun golpe de estado.[1] En 1921 publicou o libro Escible. Aventuras de un viaje a Guatemala onde narraba a súa viaxe a ese país nos últimos meses do goberno ditatorial de Manuel Estrada Cabrera. Ademais publicou os libros Inmortal, amores de loca (1925) e Payaso literario (1928). A finais da década dos anos 1920, fundou e dirixiu a periódico Redención femenina, onde expresou a súa postura en defensa dos dereitos cidadáns das mulleres.[4]

Participación política

[editar | editar a fonte]

En 1930, tentou postularse como candidata á presidencia da república, a pesar de que a lexislación salvadoreña non recoñecía o dereito ao sufraxio feminino. A súa plataforma de goberno incluía o apoio aos sindicatos, a honradez e transparencia na administración pública, a limitación da distribución e consumo da augardente, o respecto pola liberdade de cultos e o recoñecemento dos «fillos ilexítimos» (fillos fóra do matrimonio).[1] Iniciouse un debate público de argumentos xurídicos e políticos a favor e en contra da súa pretensión. Un dos defensores da súa candidatura foi o filósofo, mestre, escritor e deputado Alberto Masferrer, quen escribiu no xornal Patria:

Prudencia Ayala defende unha causa xusta e nobre, cal é o dereito da muller a ser elector e ocupar altos postos. O seu programa de goberno non é inferior en claridade, sentido práctico e sinxeleza, ao doutros candidatos que se toman en serio.[5]

Finalmente, a súa solicitude, foi rexeitada pola Corte Suprema de Xustiza, mais o debate que seguiu ao seu intento de postulación, deu impulso ao movemento feminino que permitiu que o dereito ao sufraxio feminino se recoñecese en 1939,[6] e que na Constitución de 1950, baixo a aprobación do presidente Óscar Osorio, se dese recoñecemento legal aos dereitos da muller no Salvador.[7]

Falecemento e homenaxes póstumas

[editar | editar a fonte]
Placa en honor a Prudencia Ayala, en San Salvador. Ayala converteuse na primeira muller en declararse candidata para a presidencia salvadoreña (ou calquera presidencia de América Latina para o caso)

Prudencia Ayala morreu no 11 de xullo de 1936, afastada da palestra política, mais próxima ao traballo de masas e movementos sociais. Non se ten constancia da súa participación no levantamento campesiño de 1932, mais crese que colaborou cos alzados.[8] No centro de San Salvador, preto da Catedral Metropolitana, atópase unha praza de pequeno tamaño co nome de Ayala. No sitio hai unha placa que di

Prudencia Ayala, salvadoreña de sangue indíxena, precursora da loita polos dereitos humanos da muller.[9]

Existen diversas organizacións que fan honra ao seu nome, destacando a Concertación Feminista Prudencia Ayala.[10]

En marzo de 2009, con motivo do día da muller, e en homenaxe a Prudencia Ayala, representouse a obra de teatro Prudencia en tiempos de brujería.[11]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Diario Co Latino (2007). "Prudencia Ayala, la luchadora incansable (El Salvador)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2008. Consultado o 26 de outubro de 2007. 
  2. 2,0 2,1 Reyes, José Luis. "Prudencia Ayala, ‘hija de la centella’". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 27 de abril de 2007. 
  3. Benítez, Mariela. "Prudencia Ayala". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2009. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  4. Lycos. "Prudencia Ayala". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2007. Consultado o 27 de abril de 2007. 
  5. Instituto Salvadoreño para El Desarrollo de la Mujer (2006). "Participación de las mujeres en el período de 1900 a 1989" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xuño de 2007. Consultado o 26 de outubro de 2007. 
  6. Women's suffrage. "Central & South America Suffrage Timeline". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2019. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  7. CIC-UES. "Sufragismo y feminismo en El Salvador: visibilizando los aportes de las mujeres". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2007. Consultado o 27 de abril de 2007. 
  8. Ministerio de Educación de la República de El Salvador (1994). Historia de El Salvador, tomo II. San Salvador: MINED. 
  9. CIC-UES, María Luisa. "Prudencia Ayala o la conquista de la libertad". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2007. Consultado o 27 de abril de 2007. 
  10. Concertación Feminista Prudencia Ayala. "Concertación Feminista Prudencia Ayala" (PDF). Consultado o 26 de outubro de 2007. [Ligazón morta]
  11. Prudencia en tiempos de brujería.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ministerio de Educación de la República de El Salvador (1994). Historia de El Salvador, tomo II. San Salvador: MINED. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]