Psettodes erumei Linguado espiñoso do Índico | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Psettodes erumei (Bloch & Schneider, 1801) |
Psettodes erumei é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos psetodoideos e familia dos psetódidos,[1] unha das tres do xénero Psettodes,[2] coñecida en galego como linguado espiñoso do Índico.[3]
Trátase dunha mariña, demersal, de certa importancia comercial, que vive en augas tropicais pouco profundas das costas da rexión Indo-Pacífica, desde os 26° N e os 21° S, e entre os 43° L e os 156° L.[4]