Pseudochondrostoma duriense | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pseudochondrostoma duriense[2] (Coelho, 1985) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Chondrostoma duriense Coelho, 1985 |
Pseudochondrostoma duriense é unha especie de peixe teleósteo da familia dos ciprínidos. É endémica do noroeste da Península Ibérica.
Trátase dunha especie de talle medio que non adoita acadar os 50 cm de lonxitude total. A apertura bucal é infera e recta cun beizo inferior groso que presenta unha lámina córnea. As aletas dorsal e anal presentan 8 radios ramificados, en ocasións 9. Ten entre 63 e 74 escamas na liña lateral. O número de dentes farínxeos é de 5-5 e o de branquiespiñas de 12 a 24. O corpo adoita estar pigmentado con pequenas manchas negras que son máis evidentes nas poboacións de Portugal e Galicia.