Pseudomonadaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colonias de P. aeruginosa en placa de ágar. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Azomonas |
As pseudomonadáceas (Pseudomonadaceae) son unha familia de bacterias gramnegativas aerobias, cuxo xénero tipo é Pseudomonas e que inclúe actualmente nove xéneros máis.[1][2] Publicouse recentemente que os dous xéneros que pertencían á familia das Azotobacteraceae se deberían considerar pertencentes a esta familia tamén, o cal deixa á familia Azotobacteraceae cuestionada.[3]
Pseudomonas aeruginosa é unha das especies máis importantes da familia, e é recoñecida como un patóxeno oportunista emerxente de relevancia clínica, que presenta unha crecente resistencia a antibióticos.[4]
Pseudomónada significa literalmente "falsa unidade". O termo "mónada" foi moi usado na literatura microbiolóxica inicial para indicar organismo unicelular. Debido á súa ampla distribución na natureza, as pseudomonads foron moi observadas desde os inicios da microbioloxía. En 1894 creouse o nome xenérico Pseudomonas para estes organismos e del deriva o nome da familia, creada en 1917. Inicialmente incluíronse moitas especies neste xénero, pero despois foron clasificados noutros xéneros da familia. Máis recentemente foron incluídos nesta familia xéneros pertencentes á familia Acetobacteraceae.
A presenza de oxidase, flaxelos polares e a ancapacidade de realizar fermentacións diferencian as pseudomónadas das Enterobacteriaceae.[6]