Psilose

Fenómeno fonético consistente na desaparición de fonemas aspirados previamente existentes; así no grego antigo unha serie de dialectos, como o xónico ou o lésbico, presentaba formas sen aspiración fronte ás correspondentes dos demais dialectos.