Ptilopachus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ptilopachus petrosus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
Ptilopachus é un xénero de aves da orde dos galiformes e familia dos odontofóridos, hoxe clasificado na subfamilia monotípica dos odontoforinos.
Comprende dúas especies africanas (mentres que as outras 32 especies da familia son propias do Novo Mundo).
Ambas as species son relativamente pequenas, dunha lonxitude aproximada duns 25 cm, de habitos terrestres e aparencia de paspallases, cacarterizadas por presentaren un anel ocular vermello e a base do bico, as patas e a plumaxe das partes superiores apardazadas.[1]
Tradicionalmente estas dúas especies situábanses na familia dos fasiánidos, sub familia dos perdicinos, pero agora sábese, por evidencias xenéticas, que están máis relacionados cos paspallases do Novo Mundo.[2][3][4]
Do mesmo xeito, tradicionalmente, só a especie Ptilopachus petrosus se incluía no xénero,[5][6] pero en base ás evidencias xenéticas agora tamén se inclúe a chamada perdiz de Nahan, Ptilopachus nahani, que anteriormente se consideraba un francolín.[1][7]
Estes estudos tamén conclúen que este xénero está máis estreitamente relacionado cos papallases do Novo Mundo (odontofóridos) e podería considerarse o seu único representante en África, pero algúns taxónomos aínda a inclúen nos fasiánidos. (Cómpre dicir que a EOL inclúe as dúas especies nos odontofóridos).[8]
Recentemente (2013) o xénero foi reclasificado por Bowie et al. dentro da familia dos odontofóridos, creando para el unha nova subfamilia, a dos ptilopaquinos (Ptilopachinae), diferenciada da dos odontoforinos (Odontophorinae), que engloba ás 32 especies de paspallases do Novo Mundo.[9]