Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II a. C. Roma Antiga |
Morte | 87 a. C. valor descoñecido |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
Edil (pt) | |
102 a. C. – 102 a. C. | |
Cónsul romano | |
97 a. C. – 97 a. C. Xunto con: Cneo Cornelio Léntulo | |
Procónsul Hispania Ulterior | |
96 a. C. – 93 a. C. | |
Censor romano | |
89 a. C. – 89 a. C. | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, militar da Roma antiga |
Período de tempo | República Romana Tardía |
Carreira militar | |
Rango militar | legado romano |
Familia | |
Familia | Licinios Crasos |
Cónxuxe | valor descoñecido |
Fillos | Publius Licinius Crassus, Marco Licinio Craso |
Pais | Marcus Licinius Crassus e valor descoñecido |
Irmáns | Marcus Licinius Crassus |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Licinius 61) |
Publio Licinio Craso, orixinalmente en latín Publius Licinius Crassus, morto no 87 a. C., foi cónsul e un membro da respectada e destacada rama Crassi da plebea gens Licinia, así como o pai do famoso triúnviro Marco Licinio Craso.
Foi o primeiro apoio económico da colonia Narbonensis (Narbona, Francia) o que fixo aos seu habitantes en leales clientes. Antes do seu consulado, probablemente cando era edil curul, propuxo unha lei reguladora dos gastos, a lex licinia,[1] que limitaba o luxo das mesas romanas e que foi aprobada para sorpresa de certos senadores coñecidos polo estilo de vida epicúrea. A data da lei é incerta pero foi mencionada por Lucilio, quen morreu antes do consulado de Craso. A lei foi suprimida pola proposta de Duronio no ano 98 a. C.[2]
Durante o seu período como edil tamén propuxo unha lei para limitar a extravagancia dos xogos que se fixeran excesivamente grandes.[3]Converteuse en cónsul no 95 a. C.[4] Durante o seu consulado, o Senado aboliu a práctica das artes máxicas e do sacrificio humano.[5]
Entre o 97 a. C. e o 93 a. C., serviu na Hispania Ulterior como gobernador e gañou unha batalla contra os lusitanos e os galaicos, pola que foi premiado e honrado cun triunfo.[6] A súa intervención, que pretendía poñer fin na Lusitania e na Gallaecia aos sacrfiicos humanos e reprimir a axitación renovada nesta rexión, derivou nunha incursión cara terras máis septentrionais en enxploración da ruta fenicia do estaño, en particular os recursos mineiros das illas Casitérides:[7]
Os habitantes das illas Casitérides viven xeralmente do seu gando, de xeito similar aos pobos nómades; Posúen minas de estaño e chumbo e cámbianas, así como as peles dos seus animais, por cerámica, sal e utensilios de bronce que lles traen os comerciantes; Nun principio este comercio só o explotaban os fenicios de Gadir, que ocultaban a outros as rutas que conducían a estas illas. Un certo navegante, ao verse perseguido polos romanos, que quería coñecer a ruta destes emporios, encallou voluntariamente por afán nacional a pouca profundidade, onde sabía que os romanos o perseguirían; Conseguido salvarse deste naufraxio, foi compensado polo Estado pola mercadoría que perdera. Os romanos, porén, despois de numerosos intentos, acabaron descubrindo o percorrido destas illas, sendo Publio Craso o que pasou primeiro e coñeceu a delgadez das ladeiras e o carácter pacífico dos seus habitantes.
O xeógrafo Estrabón escribiu acerca dun tratado sobre as Casitérides, as semi-lendarias illas de Estaño que se consideran situadas nalgún lugar preto das costas occidentais de Europa, escrito por Publio Craso[8] pero agora perdidas. Varios estudosos do século XIX e principios do XX, incluíndo Theodor Mommsen[9] e T. Rice Holmes,[10] pensaron que este traballo en prosa era o resultado dunha expedición durante a ocupación de Armórica polo neto de Publio, tamén Publio Licinio Craso. Os estudosos do século XX e principios do XXI mostráronse máis inclinados a asignarlle a autoría ao vello Publio, durante o seu proconsulado en Hispania nos anos 90 a. C.[11][12][13]
Durante a Guerra Social do ano 90 a. C. foi legado do cónsul Lucio Xulio César.
Serviu como censor no 89 a. C.,[6] prohibiu os viños e ungüentos estranxeiros e incluíu nas novas tribos a algúns latinos e itálicos, que foron recompensados coa cidadanía romana pola súa fidelidade á República Romana. Máis tarde converteuse nun funcionario do electorado dividindo novos cidadáns en distritos electorais.[14]
O conflito entre os populares baixo Caio Mario e os optimates baixo Lucio Cornelio Sila intensificouse nos anos 80 a. C. Aínda que orixinalmente partidario de Mario, Publio adoptou unha posición máis neutral oposta aos métodos de Mario e Sila. Foi asasinado, ou suicidouse para evitar unha morte máis humillante, despois de que os marianos tomaran Roma no 87 a. C.
Procedente da rama dos Craso da célebre gens licinia, o seu pai era Marco Licinio Craso Agelasto, a súa nai Tértula e o seu irmán, Marco Licinio Craso, que serviu como pretor no 107 a. C. Publio tiña unha casa pequena a pesar da súa inmensa riqueza. Os seus fillos, coa súa esposa Venuleia foron:
Permaneceu coa súa familia o resto da súa vida, vivindo o tempo suficiente para ver casar os dous fillos Publio e Lucio, así como o nacemento do seu primeiro neto.