O nome foille dado na honra da cidade de Arica, perdida polo Perú durante a guerra do Pacífico contra Chile. Cidadáns peruanos procedentes desa zona (colonizadores ariqueños, tarapaqueños e tacneños), fundaron unha localidade que, na honra desta cidade sureña, se chamou Puerto Arica. Trala sinatura do tratado Salomón-Lozano,[3][4] a localidade quedou baixo soberanía colombiana. Os poboadores ariqueños peruanos fundaron outro Puerto Arica á beira do río Napo, lugar que máis adiante serviría de base para os peruanos durante a guerra peruano-ecuatoriana.
↑Núñez Atencio, Lautaro y Maldonado Prieto, Carlos (2005). Reseña bibliográfica: El Dios Cautivo. Las Ligas Patrióticas en la chilenización compulsiva de Tarapacá (1910-1922), Sergio González Miranda, LOM Ediciones, Santiago, 200437. Chungará (Arica), Universidade de Tarapacá. ISSN 0717-7356 [1].