Pure | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Godflesh | ||||
Publicado | 13 de abril de 1992 | |||
Gravación | setembro - outubro de 1991 | |||
Duración | 48:30 (vinilo e casete) 79:31 (CD) | |||
Xénero(s) | metal industrial, post-metal | |||
Selo(s) | Earache Records | |||
Produtor | J. K. Broadrick, G. C. Green | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Pure é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 13 de abril de 1992 a través do selo Earache Records. Aínda que orixinalmente foi etiquetado só como metal industrial, dende entón o álbum foi recoñecido como un dos primeiros lanzamentos de post-metal.[1] Musicalmente, Pure conta con ritmos mecánicos e con guitarras ásperas, e ten cancións prolongadas con bastantes repeticións deliberadas. Como moita da música de Godflesh, é considerado pesado e agresivo, e eses elementos axudaron a que gañase a aclamación da crítica.
Pure foi apoiado polo sinxelo promocional e o vídeo musical de "Mothra". O EP de 1991 Cold World foi gravado nas mesmas sesións que o álbum. En 2013 Godflesh interpretou a meirande parte de Pure ao vivo no festival Roadburn. A pesar do descontento coa calidade da produción do álbum, o líder de Godflesh Justin Broadrick considérao un dos lanzamentos máis honestos do grupo.[2] En 2012 a revista Fact clasificou a Pure como o 64 mellor álbum dos 90.[3] A mesma revista en 2015 situou ao disco no posto 18 da súa lista dos 40 mellores álbums de post-metal.[1]
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Spite" | 4:31 |
2. | "Mothra" | 4:31 |
3. | "I Wasn't Born to Follow" | 7:22 |
4. | "Predominance" | 6:16 |
5. | "Pure" | 5:02 |
6. | "Monotremata" | 9:21 |
7. | "Baby Blue Eyes" | 4:39 |
8. | "Don't Bring Me Flowers" | 6:48 |
Cancións do CD | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
9. | "Love, Hate (Slugbaiting)" | 9:57 | |||||||
10. | "Pure II" | 21:04 | |||||||
79:31 |