Puzzle | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Biffy Clyro | ||||
Publicado | 4 de xuño do 2007 | |||
Estudio(s) | The Warehouse Studio en Vancouver e The Farm Studios en Gibsons | |||
Duración | 48:00 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | 14th Floor (RU) Roadrunner (EEUU) | |||
Producido por | Garth "GGGarth" Richardson, Biffy Clyro | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Puzzle é o cuarto álbum da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, editado o 4 de xuño do 2007 no Reino Unido polo selo 14th Floor. Trátase do seu primeiro álbum dende que deixaron Beggars Banquet (aínda que no seu libreto apareza o logo da discográfica).
O álbum acadou o posto 2 na lista británica de álbums e foi aclamado pola crítica, sendo elixido o mellor álbum do 2007 polas revistas Kerrang! e Rock Sound. En Irlanda conseguiu o posto 17. No Reino Unido foi certificado ouro e vendeu sobre 220.000 copias, chegando ás 300.000 en todo o mundo.
Cancións e letras escritas por Simon Neil e música composta por Biffy Clyro.