Pyronia cecilia

Pyronia cecilia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: 'Pyronia'
Especie: ''P. cecilia''
Nome binomial
'Pyronia cecilia'
(Vallantin, 1894)

Pyronia cecilia é unha bolboreta ropalócera da familia Nymphalidae.[1]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Distribúese por Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, España, Portugal, sur de Francia, Italia, suroeste dos Balcáns, oeste de Grecia e noroeste de Turquía.

Descrición

[editar | editar a fonte]

De tamaño relativamente pequeno, ten o anverso laranxa con amplas marxes marróns onde destacan os ocelos. O seu reverso é críptico.

Os androconios dos machos son facilmente visibles grazas a unha mancha marrón ao anverso das ás anteriores.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Voa nunha xeración entre xuño e agosto. (Voltinismo)[2]

Habita en zonas secas e cálidas. A eiruga aliméntase de varias gramíneas como Brachypodium, Aira, Poa, Deschampsia e Festuca.

Especies ibéricas semellantes

[editar | editar a fonte]
  1. Monasterio León, Y.; et al. (30-06-2017). "Propuesta actualizada de nombres comunes en castellano para las mariposas de la península ibérica, Baleares y Canarias (Lepidoptera: Papilionoidea)" (PDF) 60: 463–483. Consultado o 28-05-2022. 
  2. Tolman, Tom; Lewington, Richard.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]