En farmacoloxía, unha pílula[1] (probablemente do latín pílula que significa «pelota pequena»), é unha forma farmacéutica sólida, redonda de administración oral, pouco usada dende a aparición dos comprimidos e cápsulas. As pílulas son de preparación artesanal na que se mesturan os ingredientes activos con excipientes como xaropes de glicosa nun morteiro resultando nunha pasta á que se lle dá a forma de cilindro delgado. Logo secciónase ou dividese en porcións individuais de igual tamaño en forma de pequenas esferas e cóbrense cun verniz azucarado para facelos máis agradábeis á inxestión.