Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
En heráldica, a púrpura é un esmalte de cor violáceo. É un dos esmaltes menos utilizados.
No mundo antigo utilizouse como elemento alusivo á soberanía e grandeza dos monarcas. Especialmente coñecido é o seu uso, por influencia oriental, polos emperadores Romanos. Tamén o adoptaron como símbolo da súa autoridade moitos monarcas europeos durante a Idade Media, de aí que sexa símbolo heráldico da grandeza, a xustiza e a sabedoría. A púrpura en heráldica representa a dedicación á defensa da verdade e o enxeño, entre outras cualidades.
Nos gravados represéntase mediante liñas diagonais que baixan de esquerda a dereita do campo ou figura, isto é, de dereita a esquerda do observador.