Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (44/45 anos) Inglaterra, Reino Unido |
Outros nomes | Quantic |
Actividade | |
Ocupación | disc-jóckey, pianista, saxofonista, guitarrista, músico de jazz, percusionista |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | Cumbia, electrónica, clubjazz (en) , house, jazz house (en) , deep funk revival (en) , Funk, música para bailar e trip hop (pt) |
Instrumento | Saxofón e piano |
Selo discográfico | Tru Thoughts (en) |
Sitio web | quantic.org |
William Holland, máis coñecido polo seu nome artístico Quantic, nado en 1980, é un músico, DJ e produtor discográfico inglés.[1] Holland grava baixo diversos pseudónimos, entre eles Quantic, a Quantic Soul Orchestra, The Limp Twins, Flowering Inferno e Ondatrópica. A súa música presenta elementos da música tropical, cumbia, salsa, bossa nova, soul, funk e jazz. Holland toca guitarras, baixo, contrabaixo, piano, órgano, saxofón, acordeón e percusión. A maior parte da súa obra é de composición orixinal, en lugar de facer sampling doutros artistas. Además dos seus temas propios, tamén produciu remixes de máis de 30 cancións.
O primeiro selo de Holland chamábase Magnetic Fields, no que lanzou heavy soul e funk, proxecto que durará ata 2003. En 2018, Holland fundou o selo discográfico Selva, con sede en Brooklyn, Nova York, e leva publicando música en Selva desde principios do 2020.
William Holland produciu oito álbums de estudo baixo varios pesudónimos. Ata 2020, todos os seus traballos publicáronse no selo Tru Thoughts de Brighton.
Data | Artista principal | Álbum |
---|---|---|
2001 | Quantic | The 5th Exotic |
2002 | Quantic | Apricot Morning |
2003 | The Limp Twins | Tales from Beyond the Groove |
2003 | The Quantic Soul Orchestra | Stampede |
2004 | Quantic | Mishaps Happening |
2005 | The Quantic Soul Orchestra | Pushin' On |
2006 | Quantic | One Off's Remixes and B Sides |
2006 | Quantic | An Announcement to Answer |
2006 | Spanky Wilson & The Quantic Soul Orchestra | I'm Thankful |
2007 | The Quantic Soul Orchestra | Tropidélico |
2008 | Flowering Inferno | Death of the Revolution |
2009 | Flowering Inferno | Dog with a Rope |
2009 | The Combo Bárbaro | Tradition in Transition |
2012 | The Combo Bárbaro | Quantic & Alice Russell: Look Around the Corner (con Alice Russell) |
2011 | Quantic | The Best of Quantic |
2012 | Los Miticos del Ritmo | Los Miticos del Ritmo |
2012 | Ondatrópica | Ondatrópica |
2014 | Quantic | Magnetica |
2015 | Quantic Presents The Western Transient | A New Constellation |
2016 | Flowering Inferno | 1000 Watts |
2017 | Ondatrópica | Baile Bucanero |
2017 | Quantic & Nidia Góngora | Curao |
2019 | Quantic | Atlantic Oscillations |
2019 | Quantic | Atlantic Modulations |
2020 | Quantic & Denitia | Nowhere |
2023 | Quantic | Dancing While Falling |