Queilén

Modelo:Xeografía políticaQueilén

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°51′21″S 73°33′52″O / -42.85572, -73.56436
EstadoChile
RexiónRexión de Los Lagos
ProvinciaProvincia de Chiloé Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie223,9 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude26 m-156 m Editar o valor en Wikidata

Sitio webqueilen.cl Editar o valor en Wikidata

Queilen ou Queilén, chamada da primeira forma polos seus habitantes e as autoridades locais, é unha comuna do Arquipélago de Chiloé, no sur de Chile. Foi fundado por Antonio Cipriano Grille de López y Haro a principios do século XIX e durante moito tempo recibiu o nome de Puerto Grille.

A capitalidade reside na vila do mesmo nome, coñecido na zona polas súas praias e as vistas do golfo Corcovado e da Cordilleira dos Andes. Atópase a ambos lados dunha punta areosa, a 46 quilómetros de Chonchi. No censo do ano 2002, a súa poboación alcanzaba os 1.912 habitantes, segundo o INE.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista de Queilén desde o peirao peonil.

Abarca unha porción do sueste da Illa Grande de Chiloé, entre as comunas de Chonchi e Quellón, así como as illas de Acuy e Tranqui. Ten unha superficie de 332 km2.

Illa Acuy

[editar | editar a fonte]

É unha illa pequena ao sueste do pobo de Queilen. Ten arredor de 2 km de longo e uns 500 metros de ancho nos seus puntos maiores, e polo tanto só conta cunha poboación pequena, maioritariamente indíxena. Nela encóntrase o casarío de Acuy.

Illa Tranqui

[editar | editar a fonte]

É unha illa que se atopa fronte á capital comunal, a 16 millas náuticas. Posúe 270 habitantes aproximadamente. A illa ten 7 casaríos: Centinela, Nepué, San José de Tranqui, Alqui, Millahue, Tranqui e Leutepu.

Localidades

[editar | editar a fonte]
Localidade Poboación
(2002)
Vivendas
(2002)
Categoría INE
Queilén 1.665 586 Pobo
Villa el Lago 72 26 Casarío
Acuy 67 17 Casarío
Detico Alto 47 13 Casarío

Outras localidades rurais queilinas

[editar | editar a fonte]

Na illa Grande de Chiloé: Agoní Alto, Aulen, Las Lajas, Pureo, Agoní Bajo, Contuy, Lelbún, Quechu, Aituy, Paildad, San Miguel, Apeche Alto, Díaz Lira, Pilque, Santa María, Apeche Bajo, Estero Queilén e Pío Pío.

Servizos básicos

[editar | editar a fonte]

O pobo de Queilen esta dotado de: hospital, casa do concello, liceo polivalente, escola básica, 2 compañías de bombeiros, restaurantes, igrexa, empresas de transporte de pasaxeiros, hotel[1], cabanas, hospedaxes, supermercados, ferreterías, locais con servizo telefónico e Internet, sinal para telefonía móbil, servizo de taxis, porto con rampla, aeródromo, museo[2], centro cultural, biblioteca, ximnasio, estadio, entre outros.

Ademais conta coa Biblioteca Pública N°333 "Profesora Helia Sandoval Andrade" que desde o ano 2002 integrou nos seus servizos o Programa Biblioredes, permitindo o libre acceso a Internet e achegando os servizos tecnolóxicos a todos os usuarios tanto da comuna como a quen estean de paso.

Atractivos turísticos

[editar | editar a fonte]

No sector urbano conta cun peirao peonil, miradoiro, cascada no esteiro, vistas ao volcán Corcovado, praias habilitadas para o baño...

No sector rural destacan os cisnes na baía de Detico, a ponte de Aituy, as Torres de Acui, as praias de Lelbun, a lagoa en Pio-Pío, o faro Chomío en Ñida, o esteiro de Paildad etc.

Festas e actividades

[editar | editar a fonte]

Semana Queilina: realízase a segunda semana de febreiro. Prográmanse actividades tales como: un concurso de castelos de area e outro de disfraces, carros alegóricos, a "noite veneciana", a Expo-Queilen, 2 días de peñas folclórica...

O "reitimiento de Chancho", ou tamén coñecido como "carneo de Chancho", realízanse a segunda fin de semana de xullo no patio cuberto do internado masculino de Queilen.

Ademais realízanse un Torneo Nacional de Xadrez e un Campionato comunal e nacional de Kaiak en febreiro.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]
Traile.

A flora e fauna de Queilen é similar á do resto de Chiloé. Destacando especies vexetais nativas tales como: notros, Luma apiculata, luma, Podocarpus, nalcas, Ugni molinae, calafates; e especies introducidas como: groselleiras, Rosa eglanteria.

Atópanse tamén, especies animais tales como: pachancas (pingüíns), lobos mariños, pudús, golfiños chilenos, gaivotas, Vanellus chilensis, papagaios, voitres negros americanos, andoriñas e gorrións.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2020. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 12 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]