Quintín Lame (centro) detido pola policía colombiana, xunto cos seus compañeiros indíxenas, en 1915. | |
Nome orixinal | (es) Manuel Quintín Lame Chantre |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de outubro de 1880 El Borbollón, Popayán |
Morte | 7 de outubro de 1967 (86 anos) Ortega, Tolima |
Grupo étnico | pobo nasa |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | Líder indíxena |
Carreira militar | |
Lealdade | Exército Nacional de Colombia |
Conflito | guerra dos mil días |
Manuel Quintín Lame Chantre, nado en El Borbollón, preto de Popayán, o 26 de outubro de 1880, e finado en Ortega, Tolima o 7 de outubro de 1967, foi un indíxena colombiano nasa[1] que intentou conformar unha república independente indíxena a comezos do século XX.
Fillo dos indíxenas nasa Mariano Lame e Dolores Chantre. Na guerra de 1885, a súa irmá Licenia, muda, foi violada. Na guerra dos mil días, mutilaron o seu irmán Feliciano. En 1901, uniuse ó exército conservador e marchou a Panamá, onde viu que a loita indíxena era xusta. Cando regresou, casou con Belinda León e comezou un movemento indixenista. En 1910, foi elixido representante e defensor da cabidos indíxenas de Cauca, e a continuación, marchou a Bogotá para estudar as cédulas reais e presentarse ó Congreso.
En 1914, foi o encargado dunha revolta dos indíxenas no Cauca, querendo estendela a Huila, Tolima e Valle del Cauca. Foi acusado de construír unha república dos pobos indíxenas e foi detido o 9 de maio de 1915. Estivo na cadea preto dun ano, illado. Despois continuou arrestado, pero o movemento medrou até chegar a ser unha verdadeira "guerra racial". En 1917, foi encarcerado durante catro anos.
Tamén circularon historias de que tiña supostos poderes sobrenaturais, como o da ubicuidade ou a capacidade de converterse en animal; por este motivo, o alcalde de Ortega (lugar onde estaba preso), lle cortou o cabelo varias veces, porque coidaba que o seu poder estaba alí.
O 23 de agosto de 1921, foi liberado integrouse no movemento en Tolima. En 1924, escribiu o seu libro: El pensamiento del indio que se educó en las selvas colombianas. A súa loita pola terra deu os seus froitos en 1938, cando se decretou a restitución dos resgardos de Ortega e Chaparral, escriturados en 1948.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quintín Lame |