Río Bērze

O río Bērze preto de Annenieki
Encoro de Annenieki

O Bērze é un río de Letonia.

Discorre durante 107 km antes de desembocar no río Svēte.

Os seus principais afluentes son o Bikstupe, o Sesava, o Ālav, o Līčupe e o Gardene.

As principais localidades ao longo do curso deste río son Zebrene, Biksti, Kaķenieki, Annenieki, Dobele, Bērze e Līvbērze.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

De réxime nival e pluvial, a súa lonxitude é de 107 km, e a súa conca abrangue 903,9 km2.[2]

O Bērze é considerado o segundo río máis rápido do país despois do Ogro.[2]

O río ten un lago artificial no territorio de Annenieki, no municipio de Dobele, que se estende por 27,4 ha cunha profundidade media de 2 m e unha máxima de 5,9 m.[3]

A presa foi creada no século XIX, e foi dotada dunha turbina en 1952, o que permitiu transformar o muíño dunha antiga leira nunha pequena central hidroeléctrica que funcionou até 1970. Posta de novo en servizo en 2002, a súa potencia é de 300 kW.[4]

No encoro viven varias especies de peixes: Esox lucius, Perca fluviatilis, Rutilus rutilus, Abramis brama, Sander lucioperca, Tinca tinca, Cyprinus carpio, Lota lota, Carassius carassius, Scardinius erythrophthalmus e Leuciscus leuciscus.[3]

  1. "Bērze". upes.lv. Consultado o 10 de febreiro 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Latvijas straujākās un lēnākās lielās upes". neogeo.lv. 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Annenieku ūdenskrātuve". ezeri.lv. Consultado o 10 de febreiro 2022. 
  4. "Mazās Hidroenerģētikas Asociācija". mhea.lv. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2022.