![]() | |
Nome completo | Visa Cash App RB F1 Team |
---|---|
Bandeira coa que compite | ![]() |
Base en | Faenza, Italia |
Xefe de Equipo | Laurent Mekies |
Director Técnico | Jody Egginton[1] |
Pilotos | 6. ![]() 22. ![]() |
Pilotos de probas | |
Chasis | VCARB 02[4] |
Motor | Honda |
Pneumáticos | Pirelli |
Debut | Gran Premio de Bahrain de 2024 |
Carreiras | 24 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 1 |
Puntos totais | 0 |
Posición no campionato | 8º (46 ptos.) |
Racing Bulls S.p.A, compite como Visa Cash App RB F1 Team (abreviado a RB[5] ou VCARB), é un equipo de carreiras e construtor italiano de Fórmula 1 que compite desde a tempada 2024. É un dos dous construtores de Fórmula Un propiedade do conglomerado austríaco Red Bull GmbH, o outro é Red Bull Racing.
Coñecido como Scuderia Toro Rosso de 2006 a 2019 e Scuderia AlphaTauri de 2020 a 2023, o equipo rebautizouse co seu nome actual para a tempada 2024, durante a cal foi coñecido como RB,[6] e despois pasaron a usar o seu nome completo (Racing Bulls) a partir da tempada 2025.[7][8]
O actual CEO é Peter Bayer, e o director do equipo é Laurent Mekies. Ao comezo da tempada 2024, o equipo retivo aos pilotos titulares Daniel Ricciardo[a] e Yuki Tsunoda de cando era coñecido como AlphaTauri. Ricciardo foi despedido despois do Gran Premio de Singapur de 2024 e foi substituído polo piloto júnior e reserva de Red Bull Liam Lawson.[b] Lawson ascendeu ao equipo principal de Red Bull para 2025, o piloto de Fórmula 2 Isack Hadjar ocupara o seu lugar no RB.
O equipo ten as súas raíces en Minardi. Minardi competiu na Fórmula Un de 1985 a 2005, antes de ser comprado por Red Bull en 2006 para converterse no equipo irmán de Red Bull Racing. De 2006 a 2019, competiu como "Toro Rosso" e era coñecido por albergar futuros talentos de Red Bull, como o futuro catro veces campión do mundo Sebastian Vettel, o actual piloto da Scuderia Ferrari Carlos Sainz, e o tres veces campión do mundo Max Verstappen. Ademais, Toro Rosso empregara anteriormente o actual piloto Daniel Ricciardo como parte da súa formación en 2012 e 2013.[11][12]
Para o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020, Toro Rosso pasou a denominarse "AlphaTauri" para promover a [[AlphaTauri (marca de moda)|Marca de moda AlphaTauri] de Red Bull.[13] Segundo Franz Tost e Helmut Marko, o cambio de marca á Scuderia AlphaTauri tamén recoñeceu a transición de equipo júnior de Red Bull Racing a equipo irmán..[14]
O equipo pasou a denominarse Visa Cash App RB F1 Team para a tempada 2024,[15][16] acurtouse co acrónimo "VCARB".[17][18] O novo nome foi moi criticado polos fans e os medios.[19][20][21][22] Edd Straw de The Race chamouno "o peor" nome do equipo na historia da Fórmula 1" e "unha vergoña para Red Bull e a Fórmula 1 no seu conxunto", argumentando que o nome "RB" carece de "personalidade, identidade e ambición", podería facilmente confundirse con Red Bull Racing, e existe unicamente para forzar que os patrocinadores sexan mencionados con máis frecuencia.[23]
RB entrou no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 cos pilotos Daniel Ricciardo e Yuki Tsunoda.[17][24] O equipo continuou usando unidades de potencia Honda RBPT, despois de utilizar a unidades de potencia deseñadas por Honda desde a tempada 2018 cando nomeabase Scuderia Toro Rosso.[25][26]
No Gran Premio da China de 2024, o equipo sufriu unha dobre retirada, causada polo choque do Haas de Kevin Magnussen contra Yuki Tsunoda e o impacto de Lance Stroll coa parte traseira de Daniel Ricciardo. Ambos pilotos sufriron importantes danos nos seus difusores, e Ricciardo en particular viuse obrigado a retirarse unhas voltas máis tarde. Tsunoda sufriu danos terminais na parte traseira dereita e retirouse no acto.[27][28] Antes do Gran Premio dos Estados Unidos de 2024, Ricciardo deixou o equipo e foi substituído polo piloto reserva Liam Lawson durante o resto da tempada.[29] Despois, Lawson spasou a Oracle Red Bull Racing para substituír ao saínte Sergio Pérez, o seu lugar ocuparano o piloto de F2 e piloto junior de Red Bull, Isack Hadjar.
Co cambio das unidades de potencia do seu equipo irmán Red Bull Racing a Red Bull Ford Powertrains, o equipo RB Formula One Team tamén seguirá o exemplo e cambiará a Red Bull Ford Powertrains a partir de 2026 ata polo menos 2030.[30]
(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Chasis | Motor | Pneumáticos | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2025 | VCARB 02 | Honda RBPTH002 1.6 V6 t |
P | AUS | CHN | XPN | BHR | SAU | MIA | EMI | MON | ESP | CAN | AUT | GBR | BEL | HUN | NED | ITA | AZE | SIN | USA | MXC | SAP | LVG | QAT | ABU | 0 | -ª | |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||
2024 | VCARB 01 | Honda RBPTH002 1.6 V6 t[31] |
P | BHR | SAU | AUS | XAP | CHN | MIA | EMI | MON | CAN | ESP | AUT | GBR | HUN | BEL | NED | ITA | ACE | SIN | USA | MEX | BRA | LVG | QAT | ABU | 46 | 8º | |
![]() |
13 | 16 | 12 | Ret | Ret | 154 | 13 | 12 | 8 | 15 | 9 | 13 | 12 | 10 | 12 | 13 | 13 | 18 | ||||||||||||
![]() |
9 | 16 | 9 | 15 | 14 | 17† | ||||||||||||||||||||||||
![]() |
14 | 15 | 7 | 10 | Ret | 78 | 10 | 8 | 14 | 19 | 14 | 10 | 9 | 16 | 17 | Ret | Ret | 12 | 14 | Ret | 7 | 9 | 13 | 12 | ||||||
Fonte: |
As from the start of the 2025 season, the Hahnair logo will feature on the VCARB-02 mirrors
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: RB Formula One Team ![]() |