RL-10

Un RL-10B-2 usado na segunda etapa dos fogutes Delta IV.

RL-10 é toda unha familia de motores foguete dos Estados Unidos.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

A familia de motores RL-10 está composta por varios modelos fabricados por Pratt and Whitney e alimentados por osíxeno líquido e hidróxeno líquido. O primeiro modelo dun RL-10 voou en 1961. Foron orixinalmente creados para o seu uso na etapa Centaur dos foguetes Atlas. Deseñouse unha variante con impulso variable para o seu uso no módulo de aluaxe do proxecto Apollo que finalmente non foi usada. Outra versión foi usada no fogute experimental dunha soa etapa DC-X e outras versións foron creadas para o seu uso nos diferentes modelos dos foguetes Atlas e Delta.[1]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "RL-10" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]