Rabioso | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Individuo vivo de Glycymeris glycymeris co perióstraco | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Glycymeris glycymeris' |
O rabioso (Glycymeris glycymeris, Linnaeus 1758) é unha especie de molusco bivalvo mariño, pertencente á familia dos Gliciméridos (Glycymerididae), da orde Arcoida.
Ten unha cuncha netamente circular, sólida, equivalva, que mide uns 6,5 cm de diámetro. Presenta liñas de crecemento concéntricas moi finas. Na charnela ten dúas filas de 6 a 12 dentes en cada valva.
A cor é branca sucia pero mostra numerosas liñas castañas en zigzag, irregulares e distribuídas por toda a superficie. O interior é branco ou marrón, sen mostrar a marca do seo paleal.
Vive na franxe infralitoral ata profundidades de 100 metros, en fondos de area.
Distribúese na costa europea do Atlántico e no Mediterráneo.
É un molusco pouco apreciado, de carne dura, que só se utilizaba para conservas.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rabioso |