Radarsat 2 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Fabricante | MacDonald, Dettwiler and Associates Ltd., Alenia Spazio |
Organización | Axencia Espacial do Canadá |
Destino actual | En órbita terrestre.[1] |
Data de lanzamento | 14 de decembro de 2007, 13:17 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz FG Fregat[3][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da superficie terrestre mediante radar.[3][6] |
NSSDC ID | 2007-061A |
Masa | 2300 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7169 km[1] |
Inclinación | 98,6 graos[1] |
Apoapse | 798,9 km[1] |
Periapse | 798,9 km[1] |
Radarsat 2 é un satélite artificial da Axencia Espacial do Canadá lanzado o 4 de decembro de 2007 mediante un foguete Soiuz FG Fregat desde o cosmódromo de Baikonur para estudar a superficie terrestre mediante radar e proseguir a tarefa de Radarsat 1.[2][3][5][6]
O obxectivo de Radarsat 2 foi proseguir a toma de datos comezada con Radarsat 1 para estudar a superficie terrestre.[3][5][6]
Ao igual que no seu predecesor, o instrumento principal é un radar de apertura sintética (SAR polas súas siglas en inglés) avanzado de 1,7 m x 17 m que funciona en banda C (5,405 GHz). A diferenza principal co SAR de Radarsat 1 é que é capaz de detectar múltiples modos de polarización do radar, o que converte a Radarsat 2 no primeiro satélite civil e comercial en poder usar esta técnica, que permite diferenciar características na superficie terrestre que non se poderían detectar doutro modo. O SAR de Radarsat 2 abrangue unha resolución de entre 3 e 100 metros en franxas que poden tener entre 20 e 500 km de ancho segundo o modo de traballo do radar. Ademais pode realizar exploracións laterais, fora do vertical do satélite.[3][5][6]
A nave ten sistemas máis avanzados con respecto da súa predecesora, como por exemplo grabadoras de estado sólido en lugar de cinta e un receptor GPS para determinar a súa posición con precisión.[3][5][6]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Radarsat 2 |