(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1944 (80 anos) Sydney, Australia |
Educación | Universidade de Melbourne (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Socioloxía e Estudos de xénero |
Ocupación | socióloga, profesora |
Empregador | Universidade Macquarie (pt) Universidade de Sydney |
Familia | |
Pai | William Connell |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Raewyn Connell, usualmente citada como R. W. Connell, nada o 3 de xaneiro de 1944, é unha socióloga australiana, especialmente coñecida polo seu desenvolvemento do concepto de masculinidade hexemónica;[1] aínda que tamén ocupouse de temas de clase, xénero e educación.
Como socióloga, Raewyn investigou sobre a estrutura das clases sociais (Ruling Class, Ruling Culture, 1977) (Class Structure in Australian History, 1980), e sobre como as xerarquías de clase e de xénero son feitas e refeitas na vida cotiá nas escolas (Making the Difference, 1982; Teachers' Work, 1985).
Desenvolveu unha teoría social das relacións de xénero (Gender and Power, 1987; Gender: in World Perspective, 2002/2015), argumentando que o xénero é unha estrutura social dinámica e a gran escala, non só unha cuestión de identidade persoal. En campos aplicados traballou sobre a pobreza e a educación (Escolas e Xustiza Social, 1993), a sexualidade e a prevención da sida e a equidade de xénero.
En 2023, foi nomeada Doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra.[2]