Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1954 (70 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Horace Mann School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guionista, novelista, escritor |
Familia | |
Fillos | Matthew Yglesias |
Pais | José Yglesias e Helen Yglesias |
Páxina web | rafaelyglesias.com |
Rafael Yglesias, nado en Manhattan (Nova York) o 12 de maio de 1954, é un novelista e guionista estadounidense. É coñecido polo seu traballo no filme de 1993 Fearless, no cal adaptou a súa propia novela para facer o guión.
Os seus pais eran os novelistas José Yglesias (de orixe galega) e Helen Yglesias. Asistiu á Horace Mann School e á Academia George Stevens en Blue Hill, Maine.
Casou con Margaret Joskow en 1977. Os seus fillos son o xornalista Matthew Yglesias; e Nicholas, un novelista. A enfermidade e morte de Joskow por mor dun cancro formaron a base da aclamada novela A Happy Marriage, que gañou o Premio do Libro de Los Angeles Times en 2009. Casou con Donna Redel en 2013; separaron en 2014 e posteriormente divorciáronse. Casou coa novelista Ann Packer e vive en Nova York.