Rai 1 é a primeira cadea de televisión da RAI, ademais de ser unha televisión pública xunto con Rai 2, Rai 3 e Rai 4. Emite unha programación xeneralista centrada na información e programas de entretemento. Naceu o 3 de xaneiro de 1954 como Programma Nazionale, en 1975 pasou a chamarse Rete 1 e en 1982 conseguiu o seu nome actual.
Rai Uno comezou en 1954 cunha función de servizo público e entretemento e non emitía publicidade salvo no programa Carosello, un programa con sketches con mesaxe publicitaria ó final. A cadea tivo durante os seus primeiros anos unha función de axuda á reconstrución do país, e pronto a televisión logrou gañar popularidade. Nos anos 70 a cadea sufriu a lottizzazione, na que repartiron as 3 cadeas en función de cada corrente política, tocando á Rai Uno unha influencia democristiá.
Nos anos 90 a situación cambiou coa consolidación da televisión privada, na que a RAI tivo que diversificar a oferta das súas canles, pasando a ser Rai Uno a cadea xeneralista principal. Hoxe compite directamente con Canal 5 de Mediaset polo liderado das audencias. O seu director é Fabrizio Del Noce dende 2002. A súa cota de pantalla é do 23,5%, sendo a canle líder de audencias no global.
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |