Rain | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rain |
Director | Maria Govan |
Produtor | Maria Govan Nate Kohn Pamela Kohn Francis J. Kuzler Molly M. Mayeux |
Guión | Maria Govan |
Intérpretes | CCH Pounder Ricki Micheaux Renel Brown Irma P. Hall |
Música | Gerald Brunskill |
Montaxe | Maria Cataldo |
Estudio | Rain Films Dahlia Street Films DedPro |
Distribuidora | Image Entertainment |
Estrea | Festival de Toronto: setembro de 2008[1][2] |
Duración | 93 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 1 millón de dólares[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Rain é un filme bahamés de 2008 dirixido e escrito por Maria Govan. Esta foi unha das primeiras longametraxes rodadas integramente por cidadáns das Bahamas. Rain está entre os últimos traballos do actor Calvin Lockhart.
Unha moza bahamesa, Rain, embarca dende a Illa Ragged[3] e marcha cara a Nassau. A morte da súa avoa obrigouna a saír e explorar o mundo pola súa conta. Cando ela chega a Nassau, as vistas da gran cidade abáfana, e axiña atopa as súas ilusións idealistas esnaquizadas cando descobre o destrutivo que se fixo o estilo de vida da súa nai. Varada nun ambiente descoñecido que a enche de medo e enfrontada a unha nai que nunca coñeceu, Rain busca desesperadamente atopar o seu propio lugar no mundo.
Rain foi o primeiro filme dirixido por Maria Govan, que recadou o orzamento dun millón de dólares a través de investidores bahameses.[1] ITamén foi unha das primeiras longametraxes que se produciron integramente nas Bahamas (o primeiro foi "Filthy Rich Gangster"), país que fora durante moito tempo un lugar de rodaxe para os filmes James Bond[4] A película de Govan rodouse durante catro semanas en tres illas diferentes das Bahamas, incluíndo Nova Providencia[5] e Eleuthera;[4] a rodaxe tamén tivo lugar na cidade de Nova York.[4]