Ramón Búa Otero

Modelo:BiografíaRamón Búa Otero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1933 Editar o valor en Wikidata
A Illa de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 2012 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Bishop of Calahorra and La Calzada-Logroño (en) Traducir
14 de setembro de 1989 – 15 de setembro de 2003
← Francisco Álvarez MartínezJuan José Omella Omella →
Bispo de Tarazona
11 de xaneiro de 1982 – 14 de setembro de 1989
← Victorio Oliver Domingo (pt) TraducirMiguel José Asurmendi Aramendía (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1982–), sacerdote católico (1961–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAntonio Innocenti Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(es) Sé de quien me he fiado Editar o valor en Wikidata

Ramón Búa Otero, nado na Illa de Arousa o 28 de abril de 1933 e finado en Vigo o 21 de abril de 2012, foi un eclesiástico católico galego, bispo de Tarazona e de Calahorra e La Calzada-Logroño.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de estudar no seminario de Tui, foi ordenado sacerdote ao servizo da diocese de Tui-Vigo o 19 de marzo de 1961. Posteriormente continuou os seus estudos en Roma, licenciándose en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana en 1962 e en Sagrada Escritura polo Pontificio Instituto Bíblico en 1964.

O 11 de xaneiro de 1982 foi nomeado bispo de Tarazona. Recibiu a ordenación episcopal o 21 de febreiro, de mans do nuncio Antonio Innocenti, e tendo como co-consagrantes aos arcebispos de Zaragoza Elías Yanes e Oviedo Gabino Díaz. O 14 de setembro de 1989 foi nomeado bispo de Calahorra e La Calzada-Logroño, diocese que rexeu até o seu retiramento o 15 de setembro de 2003.

Na Conferencia Episcopal Española foi membro das Comisións Episcopais de Ensinanza e Catequese e de Seminarios e Universidades. Faleceu o 21 de abril de 2012 en Vigo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]