Rana chensinensis

Rana chensinensis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Ranidae
Xénero: Rana
Especie: Rana chensinensis
David, 1875

Rana chensinensis é unha especie de ra da familia Ranidae, que vive na China e Mongolia.[2]

O seu hábitat natural son os bosques temperados, ríos intermitentes, pantanos, lagos de auga doce, pantanos de auga doce intermitentes, terras cultivables, pasteiros e terra regada. Está ameazada pola perda de hábitat.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A descrición científica da especie fíxoa Armand David, un misioneiro naturalista, que a atopou en 1872, a máis de 1000 m de altitude, en Gujiapo (谷家坡), durante unha expedición aos montes Quinling (秦岭) en Shaanxi.[3]

Esta ra é notable na agricultura chinesa porque é un forte predador de organismos que causan pragas. Un estudo realizado en condado de Qingyuan durante os anos 1982 e 1983 atopou que criar estas ras para o control de pragas diminúe o uso de pesticidas e a contaminación do ambiente.[4]

Na China, os tecidos graxos que se encontran preto das tompas de Falopio da ra utilízanse como un ingrediente da medicina tradicional.[5]

  1. 1,0 1,1 Sergius Kuzmin; Masafumi Matsui; Zhao Wenge; Vladimir Ishchenko; Natalia Ananjeva; Nikolai Orlov (2004). "Rana chensinensis". The IUCN Red List of Threatened Species (IUCN) 2004: e.T58572A11805122. doi:10.2305/IUCN.UK.2004.RLTS.T58572A11805122.en. Consultado o 11 January 2018. 
  2. Frost, Darrel R. (2014). "Rana chensinensis David, 1875". Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.0. American Museum of Natural History. Consultado o 7 April 2014. 
  3. Publicación orixinal: David, 1875 : Journal de mon Troisième Voyage d'Exploration dans l'Empire Chinoise, vol.1, Paris, Hachette, páxinas 1-383 (texto íntegro).
  4. Li, Wenhua (2001). Agro-ecological Farming Systems in China. Taylor & Francis. pp. 195–6. ISBN 978-92-3-103784-9. 
  5. Deutsch, Jonathan; Murakhver, Natalya (2012). They Eat That?: A Cultural Encyclopedia of Weird and Exotic Food from Around the World. ABC-CLIO. p. 75. ISBN 978-0-313-38058-7.