Virus da necrose hematopoética epizoótica (Epizootic haematopoietic necrosis virus)
Virus da ra 3 (Frog virus 3)
Ranavirus é un xénero de virus da familia Iridoviridae.[1] Hai ademais outros catro xéneros de virus nesa familia, pero Ranavirus é o único que inclúe virus que son infecciosos para anfibios e réptiles. Adicionalmente, é un dos tres xéneros desta familia que infecta peixes teleósteos, xunto con Lymphocystivirus e Megalocytivirus.[2] A familia Iridoviridae é unha das cinco familias de virus de ADN grande nucleocitoplasmáticos.
Os Ranavirus, como o Megalocytivirus, son un grupo emerxente de virus de ADN bicatenario estreitamente relacionados que causan infeccións sistémicas nunha ampla variedade de peixes de auga salgada e doce silvestres e criados en piscifactoría. Igual que os Megalocytivirus, os gromos de Ranavirus teñen unha considerable importancia económica en acuicultura, como epizoóticos poden orixinar unha perda moderada de peixes ou episodios de mortaldade en masa en peixes de acicultura. Porén, a diferenza dos Megalocytivirus, as infeccións por Ranavirus en anfibios foron consideradas un factor que contribúe ao declive das poboacións de anfibios global. O impacto dos Ranavirus sobre as poboacións de anfibios foi comparada coa do fungoquitridioBatrachochytrium dendrobatidis, o axente causante da quitridiomicose.[6][7][8]
Os Ranavirus son grandes virus de ADN icosaédricos que miden aproximadamente 150 nm de diámetro cun gran xenoma dunha soa molécula de ADN bicatenario linear duns 105 kbp,[19] que codifica uns 100 produtos xénicos.[20] O principal compoñente estrutural da cápsideproteica é a proteína maior da cápside (MCP).
A replicación ranaviral foi ben estudada usando a especie tipo do xénero, o virus da ra 3 (Frog virus 3, FV3).[18][19] A replicación do FV3 ocorre entre 12 e 32 graos Celsius.[20] Os Ranavirus entran na célula hóspede por endocitose mediada por receptor.[21] As partículas virais perden a cuberta e seguidamente desprázanse ao núcleo celular, onde empeza a replicación do ADN viral por medio dunha ADN polimerase codificada polo virus.[22] O ADN viral abandona despois o núcleo da célula e empeza a segunda fase da replicación do ADN no citoplasma, formando finalmente concatémeros de ADN.[22] O ADN viral é despois empaquetado en virións infecciosos.[18] O xenoma do Ranavirus, igual que outros xenomas iridovirais está permutado circularmente e presenta un ADN redundante terminalmente.[22]
A transmisión dos Ranavirus crese que ocorre por moitas rutas, incluíndo o solo contaminado, o contacto directo, a exposición á auga e a inxestión de tecidos infectados durante a predación, necrofaxia ou canibalismo.[4] Os Ranavirus son relativamente estables en ambientes acuáticos, e poden persistir varias semanas ou máis fóra dun organismo hóspede.[4]
Informouse de episodios de mortalidade en masa de anfibios debido a Ranavirus en Asia, Europa, Norteamérica e Suramérica.[4] Os Ranavirus foron illados de poboaciósn silvestres de anfibios en Australia, mais non foron asociados coa mortalidade en masa nese continente.[4][23][24]
A síntese de proteínas virais empeza en cuestión de poucas horas despois da entrada viral na célula[20] e a necrose ou apoptose ocorre só unhas poucas horas despois da infección.[19][25]
As principais lesións asociadas coas infeccións de Ranavirus son eritemas, inchamento xeneralizado, hemorraxias, inchamento das extremidades e fígados inchados e fráxiles.[4]
Pode atoparse máis información sobre Ranavirus e outros patóxenos que impactan as poboacións de anfibios, como sobre quitridios Batrachochytrium dendrobatidis e Batrachochytrium salamandrivorans na páxina web do Southeast Partners in Amphibian and Reptile Conservation disease task team. [1]
↑Whittington, RJ; Becker, JA; Dennis, MM (2010). "Iridovirus infections in finfish – critical review with emphasis on ranaviruses". Journal of Fish Diseases33 (2): 95–122. PMID20050967. doi:10.1111/j.1365-2761.2009.01110.x.
↑Granoff, A; Came, PE; Rafferty, KA (1965). "The isolation and properties of viruses from Rana pipiens: their possible relationship to the renal adenocarcinoma of the leopard frog". Annals of the New York Academy of Sciences126 (1): 237–255. Bibcode:1965NYASA.126..237G. PMID5220161. doi:10.1111/j.1749-6632.1965.tb14278.x.
↑Jancovich, James K; Mao, Jinghe; Chinchar, V.Gregory; Wyatt, Christopher; Case, Steven T; Kumar, Sudhir; Valente, Graziela; Subramanian, Sankar; Davidson, Elizabeth W; Collins, James P; Jacobs, Bertram L (2003). "Genomic sequence of a ranavirus (family Iridoviridae) associated with salamander mortalities in North America". Virology316 (1): 90–103. PMID14599794. doi:10.1016/j.virol.2003.08.001.
↑Brunner, Jesse L.; Schock, Danna M.; Davidson, Elizabeth W.; Collins, James P. (2004). "Intraspecific Reservoirs: Complex Life History and the Persistence of a Lethal Ranavirus". Ecology85 (2): 560. doi:10.1890/02-0374.
↑Pearman, Peter B.; Garner, Trenton W. J. (2005). "Susceptibility of Italian agile frog populations to an emerging strain of Ranavirus parallels population genetic diversity". Ecology Letters8 (4): 401. doi:10.1111/j.1461-0248.2005.00735.x.
↑First identification of a ranavirus from green pythons (Chondropython viridis); Williamson; Coupar; Middleton; Hengstberger; Gould; Selleck; Wise; Kattenbelt; Cunningham; Lee (2002). "First identification of a ranavirus from green pythons (Chondropython viridis)". Journal of Wildlife Diseases38 (2): 239–52. PMID12038121. doi:10.7589/0090-3558-38.2.239.
↑De Matos, A. P.; Caeiro, M. F.; Papp, T; Matos, B. A.; Correia, A. C.; Marschang, R. E. (2011). "New viruses from Lacerta monticola (Serra da Estrela, Portugal): Further evidence for a new group of nucleo-cytoplasmic large deoxyriboviruses (NCLDVs)". Microscopy and Microanalysis : The Official Journal of Microscopy Society of America, Microbeam Analysis Society, Microscopical Society of Canada17 (1): 101–8. Bibcode:2011MiMic..17..101A. PMID21138619. doi:10.1017/S143192761009433X.
↑Mao, J; Hedrick, RP; Chinchar, VG (1997). "Molecular characterization, sequence analysis, and taxonomic position of newly isolated fish iridoviruses". Virology229 (1): 212–220. PMID9123863. doi:10.1006/viro.1996.8435.
↑ 14,014,1Johnson, A. J.; Pessier, A. P.; Jacobson, E. R. (2007). "Experimental transmission and induction of ranaviral disease in Western Ornate box turtles (Terrapene ornata ornata) and red-eared sliders (Trachemys scripta elegans)". Veterinary Pathology44 (3): 285–97. PMID17491069. doi:10.1354/vp.44-3-285.
↑Blahak S., Uhlenbrok C. "Ranavirus infections in European terrestrial tortoises in Germany". Proceedings of the 1st International Conference on Reptile and Amphibian Medicine; Munich, Germany. 4–7 March 2010; pp. 17–23
↑Chen, Z. X.; Zheng, J. C.; Jiang, Y. L. (1999). "A new iridovirus isolated from soft-shelled turtle". Virus Research63 (1–2): 147–51. PMID10509727. doi:10.1016/S0168-1702(99)00069-6.
↑Marschang, R. E.; Braun, S; Becher, P (2005). "Isolation of a ranavirus from a gecko (Uroplatus fimbriatus)". Journal of Zoo and Wildlife Medicine : Official Publication of the American Association of Zoo Veterinarians36 (2): 295–300. JSTOR20096453. PMID17323572. doi:10.1638/04-008.1.
↑ 18,018,118,2Chinchar VG, Essbauer S, He JG, Hyatt A, Miyazaki T, Seligy V, Williams T (2005). "Family Iridoviridae" pp. 145–162 in Fauquet CM, Mayo MA, Maniloff J, Desselburger U, Ball LA (eds). Virus Taxonomy, Eighth report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. Academic Press, San Diego, USA.
↑ 19,019,119,2Williams T, Barbosa-Solomieu V, Chinchar GD (2005). "A decade of advances in iridovirus research" 173-148. In Maramorosch K, Shatkin A (eds). Advances in virus research, Vol. 65 Academic Press, New York, USA.
↑Speare, R; Smith, JR (1992). "An iridovirus-like agent isolated from the ornate burrowing frog Limnodynastes ornatus in northern Australia". Diseases of Aquatic Organisms14: 51–57. doi:10.3354/dao014051.
↑Cullen, BR; Owens, L (2002). "Experimental challenge and clinical cases of Bohle iridovirus (BIV) in native Australian anurans". Diseases of Aquatic Organisms49 (2): 83–92. PMID12078986. doi:10.3354/dao049083.