Ranger 2 | |
---|---|
Ranger 2 antes do lanzamento. | |
Tipo | Tecnolóxico/científico |
Organización | NASA |
Contratistas principais | JPL |
Destino actual | Reentrado na atmosfera terrestre.[1] |
Data de lanzamento | 18 de novembro de 1961, 8:12 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Atlas-Agena B[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-12[2][5] |
Obxectivo da misión | Probas tecnolóxicas dos sistemas necesarios para unha misión non tripulada á Lúa.[2][5] |
Decaemento | 20 de novembro de 1961[1] |
NSSDC ID | 1961-032A |
Masa | 304 kg[2] |
Dimensións | Cono cunha base hexagonal de 1,5 m de diámetro e unha altura de 4 m.[4] |
Ranger 2 foi a segunda sonda do Bloque I do programa Ranger da NASA pensado para enviar sondas non tripuladas á Lúa e fotografar a súa superficie antes de impactar nela. Foi lanzada mediante un Atlas-Agena B o 18 de novembro de 1961 desde a plataforma LC-12 do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4][5]
Ao igual que Ranger 1, a misión principal de Ranger 2 foi probar os sistemas e técnicas que permitirían a sucesivas naves ser lanzadas directamente contra a Lúa e fotografala durante o camiño. O obxectivo secundario era estudar as partículas e campos presentes no espazo interplanetario, así como unha posible cola de hidróxeno da Terra.[2][4][5]
A sonda estaba formada por unha base hexagonal de 1,5 m de diámetro sobre a cal se atopaba unha estrutura cónica de aluminio de 4 m de alto. A enerxía eléctrica era proporcionada por dous paneis solares que lle daban á nave unha envergadura de 5,2 m; a enerxía almacenábase nunha batería de prata-cinc de 53,5 kg de peso, mentres que baterías máis pequenas alimentaban a certos instrumentos. Acaroada á base atopábase unha antena parabólica de alta ganancia, mentres que o resto de instrumentos repartíanse entre a base e o cono. A bordo atopábase tamén unha antena omnidireccional de media ganancia. As comunicacións corrían a cargo de dous transmisores: un funcionando a 960,1 MHz e 0,25 W de potencia, outro a 960,05 MHz e 3 W. O control de actitude era proporcionado por un controlador de estado sólido, por sensores solares e terrestres e por varios por chorros de control. O control térmico era pasivo, mediante recubrimentos dourados, pintura branca e superficies de aluminio puído.[2][4][5]
Ranger 2 levaba a bordo varios insrumentos:[2][4][5]
Ranger 2 debía ser lanzada a unha órbita de aparcamento arredor da Terra para posteriormente ser lanzada a unha traxectoria de espazo profundo co fin de probar os seus sistemas e técnicas de navegación para as posteriores misións Ranger. A nave chegou á súa órbita de aparcamento, pero o foguete que logo debía enviala a unha órbita superior, unha etapa Agena B, fallou, reentrando na atmosfera terrestre o 20 de novembro de 196.[2][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ranger 2 |