Ratafía

A ratafía é un licor obtido a partir da maceración de certas froitas en augardente con azucre[1].

Botella de ratafía elaborada en La Pobla de Segur.

Os froitos poden ser noces verdes, pela de limón, guindas, etc, herbas, como a menta e especias coma os cravos, noz moscada, canela, pólas de silveiras) nun alcol de base, xeralmente augardente.[2] Segundo o método e costumes da zona xeográfica onde se elabore, a composición varía considerablemente.

O nome, segundo a maioría das fontes, procedería da expresión latina pax rata fiat , enunciada co vaso de licor no alto para ratificar un acordo verbal.

Localización

[editar | editar a fonte]

Atópase en distintas rexións do Mediterráneo, especialmente no leste da Panínsula Ibérica, Italia, e Francia, con nomes semellantes: ratafià, ratafia, rataffia, retacía etc.

Nas zonas do norte de Cataluña a tradición da ratafía está moi arraigada e mesmo se segue a elaborar na casa segundo receitas transmitidas de pais a fillos, e celébranse feiras para degustar e coñecer esta bebida, entre as que se poden salientar a Feira de Besalú que se fai durante a ponte de comezos de decembro, a Feira da Ratafia que se fai desde 1981 en Santa Coloma de Farners durante o mes de outubro ou a festa da ratafía de Centelles que se adoita facer a primeira fin de semana de xuño.

En Aragón tamén se prepara tradicionalmente cando menos dende o século XVIII, mais so o nome de "retacía". Perdura sobre todo nas comarcas de Campo de Daroca (Zaragoza) e de Jiloca (Teruel). Alí prepárase especialmente con guindas, augardente, canela, noz, póla de silveira e flor de caravel vermello, con distintas variacións segundo a vila. A tradición perdura especialmente na localidade de Calamocha.

En Italia as denominacións ratafià (Piemonte), ratafia e rataffia (Abruzos) están legalmente protexidas como PAT (Prodotti Agroalimentari Tradizionali Italiani).

En Francia están recoñecidas as denominacións ratafia en distintas rexións, sendo especialmente coñecidas as de Borgoña e Champaña.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Ratafía.
  2. El independiente (9 de xullo de 2018). "¿Qué es el licor de ratafía?". Consultado o 10 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]