ratiopharm Ulm | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL |
Alcume | Die Spatzen (Os esquíos) |
Fundación | 2001 |
Cores | Negro, branco, laranxa |
Adestrador | Jaka Lakovič |
Patrocinador | ratiopharm |
Spass | Mascota |
Localización | |
Cidade | Ulm, Alemaña |
Pavillón | Arena Ulm/Neu-Ulm |
Capacidade | 6 000 |
Inauguración | 9 de decembro de 2011 |
basketball-ulm.com |
O ratiopharm Ulm é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Ulm, Baden-Württemberg. O club posúe dous equipos, un profesional que xoga na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano, e outro xuvenil que xoga na NBBL (Nachwuchs Basketball-Bundesliga). O pavillón onde xoga os seus partidos como local é o Arena Ulm/Neu-Ulm, que conta con capacidade para 6 000 espectadores. Desde a súa fundación o club está patrocinador pola compañía farmacéutica Ratiopharm.
O club foi fundado no ano 2001 despois de que o anterior equipo da cidade de Ulm, o SSV Ulm 1846, se declarara insolvente e deixara a liga. Tras xogar na segunda división durante cinco anos, o equipo ascendeu á Basketball Bundesliga en 2006.
Na tempada 2011-12 rematou na segunda posición por detrás do Brose Baskets. Ambos os dous equipos chegaron á final dos playoffs, onde o Brose Baskets resultou gañador, tras levarse a serie por 3-0. Á tempada seguinte, rematou a tempada regular na terceira posición e chegou a semifinais dos playoffs.
Tempada | División | Liga | Posición | Playoffs | Copa | Competicións europeas |
---|---|---|---|---|---|---|
2001–02 | 2 | 2. BBL | 7 | – | – | – |
2002–03 | 2 | 2. BBL | 3 | – | – | – |
2003–04 | 2 | 2. BBL | 2 | – | – | – |
2004–05 | 2 | 2. BBL | 2 | – | – | – |
2005–06 | 2 | 2. BBL | 1 | Ascenso | – | – |
2006–07 | 1 | BBL | 12 | – | – | – |
2007–08 | 1 | BBL | 12 | – | – | – |
2008–09 | 1 | BBL | 5 | Cuartofinalista | – | – |
2009–10 | 1 | BBL | 13 | – | – | – |
2010–11 | 1 | BBL | 14 | – | – | – |
2011–12 | 1 | BBL | 2 | Subcampión | Terceiro lugar | – |
2012–13 | 1 | BBL | 3 | Semifinalista | Subcampión | Cuartos de final da Eurocup |
2013–14 | 1 | BBL | 6 | Cuartofinalista | Subcampión | Oitavos de final da Eurocup |
2014–15 | 1 | BBL | 5 | Semifinalista | Cuartofinalista | – |
2015–16 | 1 | BBL | 7 | Subcampión | – | Last 32 da Eurocup |
2016–17 | 1 | BBL | 1 | Semifinalista | Cuartofinalista | Top 16 da Eurocup |
2017–18 | 1 | BBL | 10 | – | Terceiro lugar | Liga regular da Eurocup |
2018–19 | 1 | BBL | 6 | Cuartos de final | Oitavofinalista | Top 16 da Eurocup |
2019–20 | 1 | BBL | 10 | Semifinalista | Semifinalista | Eurocup (cancelada) |
2020–21 | 1 | BBL | 6 | Semifinalista | Semifinalista | Liga regular da Eurocup |