Rdio | |
---|---|
Fundación | 3 de agosto do 2010 |
Localización | San Francisco, California, Estados Unidos |
Fundador | Skype |
Produtos | Streaming, MP3 |
Na rede | |
http://www.rdio.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rdio é un servizo de streaming musical. Permite escoitar cancións buscando por artista, álbums, cancións ou listas de reproducións feitas polos usuarios. Está dispoñíbel na súa plataforma online, en aplicacións clientes para sistemas operativos Microsoft Windows e Mac OS X[1] e en aplicacións para móbiles iOS, Android, Windows Phone e BlackBerry que dispoñen tamén dunha función de caché para reprodución sen conexión á rede. Hai tamén servizos para Sonos e Roku. O servizo conta con máis de 20 millóns de cancións na súa biblioteca.
O servizo está dipoñíbel en 85 países entre os que se encontran países como: Portugal, Estados Unidos de América, Suecia, Alemaña, Francia, España, Brasil e Nova Zelandia.[2]
Rdio foi creada polos fundadores de Skype Niklas Zennström e Janus Friis o 3 de agosto de 2010. A esta data xa tiña competidores como Deezer, Spotify e Napster entre outros.