Unha real cédula era unha orde razoada expedida polo rei de España entre os séculos XVI e XIX. O seu contido resolvía algún conflito de relevancia xurídica, establecía pautas de conduta legal, creaba institucións, nomeaba un cargo real, outorgaba dereitos persoais ou colectivos ou ordenaba algunha acción concreta.
Existían dúas variantes fundamentais: as reais cédulas de oficio que se derivan da propia función administrativa, que inician co nome -se é personalizada- ou cos cargos ou títulos das persoas ás que son dirixidas. As outras reais cédulas outórganse igualmente polo rei, pero a petición de parte e comezan mencionando o asunto da solicitude e mailo solicitante.
Foron usadas principalmente nos dominios españois de ultramar (América e Filipinas), con asesoramento na maioría dos casos do Consello de Indias.