Red Jacket | |
---|---|
Historial | |
Estaleiro | George Thomas, Rockland, Estados Unidos |
Operador | Seccomb & Taylor, Boston White Star Line (1929-1934) Wilson & Chambers, Liverpool, 1868 Blandy Brothers, Islas Madeira, Portugal (1883) |
Botado | 2 de novembro de 1853[1] |
Baixa | 1885 |
Características xerais | |
Desprazamento | 2305 toneladas |
O Red Jacket foi un dos máis veloces e máis grandes veleiros xamais construídos. Foi o primeiro barco da White Star Line. Foi nomeado en honor a Sagoyewatha, un famoso xefe indio da tribo dos Seneca, chamado "Red Jacket" (Chaqueta Vermella) polos colonos.
O Red Jacket foi deseñado por Samuel Hartt Pook e construído polos estaleiros de George Thomas en Rockland, Estados Unidos en 1853, sendo o último barco en ser botado desde este estaleiro.[2]
Na súa primeira viaxe, o Red Jacket bateu o récord de velocidade na ruta transatlántica, viaxando desde Nova York ata Liverpool en 13 días.
En 1872, o Red Jacket comezou a transportar taboleiros de madeira para a construción desde Quebec ata Londres, uníndose así a outros buques como o Marco Polo e o Donald McKay, que terminaron os seus días no transporte desta mercancía.[3] Colidiu co Eliza Walker en 1878, que afundiu; a súa tripulación foi rescatada.[1] En 1883, o Red Jacket foi vendido a Blandy Brothers, unha compañía de transportes de Portugal no arquipélago de Madeira como transporte para carbón.