![]() (2024) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1969 ![]() Coímbra, Portugal ![]() |
Educación | Universidade do Porto ![]() |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, animadora, guionista ![]() |
![]() ![]() |
Regina Maria Póvoa Pessoa Martins, nada en Coímbra o 16 de decembro de 1969, é unha animadora portuguesa.
Regina Pessoa naceu en Coímbra, pero viviu nunha aldea preto da cidade até os dezasete anos. Sen televisión, pasaba o tempo a ler, escoitando aos maiores contaren historias e tamén pintando as portas e as paredes da casa da súa avoa con carbón, animada polo seu tío.[1]
Licenciouse en pintura pola Universidade do Porto en 1998 e na súa etapa de estudante participou en diferentes obradoiros de animación, tendo participado en Espace Projets (Annecy, Francia, 1995) coa curta A Noite, que remataría en 1999.[2]
En 1992 comeza a traballar en O Filmógrafo - Estúdio de Cinema de Animación do Porto, cofundado por Abi Feijó, onde colaborou como animadora en varios filmes.
A súa curta Tragic Story with Happy Ending (en portugués História Trágica com Final Feliz, en francés Histoire tragique avec fin heureuse) é a película portuguesa máis premiada da historia.[3]
A súa curtametraxe de animación, Kali, the Little Vampire, Kali, o pequeno vampiro en portugués, foi galardoada co premio Hiroshima no Festival internacional de Animación de Hiroshima en 2012, o premio ao mellor filme de animación no Chicago International Childrens's Film Festival en 2013, o The Golden Gate Award á mellor curta de animación, o premio no International Film Festival de San Francisco e o nomeamento ao Cartoon d'Or 2013, entre outros recoñecementos.[4] En 2017 a Universidade de Valencia expuxo a mostra retrospectiva sobre medio século de animación portuguesa, Trazos de luz, centrada en Abi Feijó e Regina Pessoa.[5] En 2019 a curta Tio Thomas: A contabilidade dos días recibiu o premio á mellor curta de animación no Chicago International Children's Film Festival, entre outros galardóns.[6]