![]() | |
![]() Bután |
![]() Paquistán |
---|---|
As relacións entre Bangladesh e Paquistán refírense ás relacións bilaterais entre Bután e Paquistán. As relacións estiveron activas polo menos dende 2004. Ambas as dúas nacións son membros da Asociación Surasiática para a Cooperación Rexional e das Nacións Unidas. Ningún país ten un embaixador residente.
Ambos son estados do Himalaia e teñen dous veciños comúns, a China e a India. Bután ten estreitas relacións coa India mentres que Paquistán ten relacións estreitas coa China. Porén, as relacións paquistanís coa India son máis tensas, polo que a India observou ás veces as aproximacións paquistanís a Bután con desconfianza.[1]
Ningún dos dous países ten un embaixador residente. A embaixada de Paquistán en Bangladesh está acreditada en Bután. No ano 2006, o embaixador de Paquistán en Bután era Alamgir Bashar Khan Babar.[2][3]
No ano 2012, o embaixador de Bután en Paquistán era Dasho Bap Kesang.[4]